From Wikipedia, the free encyclopedia
Co nome de carso, carst ou karst (en italiano carso, en esloveno kras, en friulano cjars, en croata krš, en alemán Karst), coñécese unha forma de relevo orixinada por meteorización química de determinadas rochas, como a calcaria, a dolomía etc., compostas por minerais solúbeis en auga, fundamentalmente carbonato cálcico.
A palabra carso provén do topónimo Carso, nome italiano de Kras, rexión de Eslovenia de mesetas calcarias de configuración característica. A palabra foi xermanizada en karst cando o país formaba parte do Imperio Austrohúngaro.
O concepto de carso (karst) foi introducido en 1893 polo xeógrafo serbio, especializado en xeomorfoloxía, Jovan Cvijić no seu libro Das Karstphänomen. Por iso na bibliografía xeolóxica internacional, o nome máis utilizado é karst.
O relevo das zonas cársicas está condicionado principalmente pola disolución das rochas; é o que se chama carsificación, carstificación ou karstificación. As reaccións químicas responsábeis da disolución dos carbonatos son as seguintes:
Obsérvese que do contido de bicarbonato, un átomo de carbono provén da matriz de calcaria e o outro procede do dióxido de carbono (principalmente de origen bioxénica, xa que a concentración deste último no solo é moito maior que na atmosfera). Estas dúas fontes tamén son diferenciábeis polos seus niveis de isótopos de carbono (segregación de carbono 13 nos seres vivos).
A disolución e, por tanto, a formación do relevo cársico, está favorecida por:
Unha rexión fría, húmida e calcaria, por tanto, é máis propensa a desenvolver un relevo cársico. Porén, encóntranse relevos deste tipo en todo o globo, tanto en rexiones cálidas como frías (pero sempre húmidas).
Un carso prodúcese por disolución indirecta do carbonato cálcico das rochas calcarias debido á acción de augas lixeramente ácidas. A auga acidifícase cando se enriquece en dióxido de carbono, por exemplo cando atravesa un solo, e reacciona co carbonato formando bicarbonato, que é moi solúbel. Hai outro tipo de rochas, as evaporitas, como por exemplo o xeso, que se disolven sen necesidade de augas ácidas. As augas superficiais e subterráneas van disolvendo a rocha e creando galerías e covas que, por afundimento parcial, forman dolinas e, por afundimiento total, forman canóns.
Existen outras moitas formas cársicas segundo se produzan na superficie ou polo contrario son formacións xeomorfolóxicas que aparecen en cavidades subterráneas. No primeiro caso denomínanse exocársicas:
E no segundo sentido, endocársicas (simas, sumidoiros, sifóns, foibas etc.).
Cando a auga cargada de gas carbónico e pedra calcaria disolvida en forma de bicarbonato cálcico, chega a unha cavidade máis grande que as fisuras polas que pasou (fisuras e diáclases causadas polos movemntos tectónicos ou pola crioclastia en superficie, por exemplo), pode evaporarse lentamente e os sales disolvidos na auga chegan a cristalizar en determinadas circunstancias, por exemplo, ao gotear desde o teito dunha cova até o chan, formando estalactitas no teito, estalagmitas no solo e columnas, cando estas dúas formas chegan a unirse; ou, cando se estanca nunha cavidade, pódense formar xeodas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Relevo cársico |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.