From Wikipedia, the free encyclopedia
Kim Jong-in (en hangul, 김종인) nado en Sucheon, Jeolla do Sur, o 14 de xaneiro de 1994, máis coñecido coma Kai (카이), é un rapeiro, cantante, bailarín, actor e modelo surcoreano. Forma parte do grupo EXO, do que foi presentado coma membro en decembro de 2011 e co que debutou oficialmente en abril de 2012 co miniálbum Mama. Comezou a súa carreira coma actor na serie web Choco Bank en febreiro de 2016. En outubro de 2019, debutou xunto ao supergrupo SuperM. Kai é recoñecido coma un dos mellores bailarines de Corea do Sur e da industria do K-Pop.
Nome orixinal | (ko) 카이 (ja) カイ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Kim Jong-in 14 de xaneiro de 1994 Suncheon, Jeolla do Sur, Corea do Sur |
País de nacionalidade | Surcoreana |
Educación | Goriwool Elementary School (en) Escola de Artes Escénicas de Seúl Cheongdam High School (en) |
Altura | 1,82 m |
Actividade | |
Ocupación | |
Período de actividade | 2011 - |
Membro de | |
Xénero artístico | |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | SM Entertainment Avex trax |
Familia | |
Parella | Jennie Kim (2018–2019) Krystal Jung (2016–2017) |
Kai naceu o 14 de xaneiro de 1994 en Suncheon, Jeolla do Sur, Corea do Sur, sendo o menor de tres irmáns. Aos oito anos comezou a bailar jazz e dedicouse ao ballet durante catro anos. Uniuse a SM Entertainment en 2007 tras obter o primeiro lugar de SM Youth Best Contest. Conviviu con outros trainees da SM, formándose nas áreas de canto, baile e actuación. En 2008 participou no videoclip da canción «HaHaHa Song» de TVXQ xunto aos seus compañeiros Suho e Chanyeol.
Kai foi o primeiro membro de EXO en ser presentado ao público en decembro de 2011. No mesmo mes realizou a súa primeira presentación xunto a Luhan, Chen e Tao no evento Gayo Daejun de SBS. Debutou oficialmente en marzo de 2012 co lanzamento do EP Mama. En abril, cos seus compañeiros Baekhyun, Sehun e Chanyeol participou no videoclip de «Twinkle» de Girls' Generation-TTS.
En setembro de 2013 realizou unha actuación de baile con Hyoyeon e Lay no programa Dancing 9, onde bailaron as cancións «Centipede» de Knife Party e «Coco» de Gent & Jawns. O 16 de febreiro de 2014, apareceu nun documental especial de SBS, Ten Thousand Hours of Determination. En agosto do mesmo ano, colaborou con Taemin na canción «Pretty Boy», pertencente ao álbum Ace. En outubro, participou no videoclip da canción «In Summer», un remake creado para EXO 90:2014. En decembro, converteuse en membro honorario da Asociación de Fútbol de Corea do Sur. En abril de 2015, protagonizou xunto aos outros membros de EXO e Moon Ga-young a serie web EXO Next Door. O 24 de outubro de 2015, apareceu no programa Oh My Baby con Taeoh, fillo de Ricky Kim, onde lle tivo que ensinar como converterse nun bo irmán maior.
En xaneiro de 2016, anunciouse que Kai debutaría coma actor na serie web Choco Bank, que bateu marcas de audiencia. En decembro de 2016, apareceu no drama web 7 First Kisses, para Lotte Duty Free. O 11 de xaneiro de 2017, confirmouse coma o protagonista do drama Andante de KBS, interpretando a Lee Shi-kyung, un estudante de ensino secundario. O 28 de febreiro, anunciouse que Kai participaría no drama Spring Has Come, baseado na novela xaponesa orixinal do mesmo nome, que comezou a transmitirse en xaneiro de 2018. Un mes máis tarde, Kai foi elixido para participar no drama de KBS, The Miracle We Met, que se estreou en abril do mesmo ano
En decembro de 2018, nunha transmisión de Moon Hee Jun’s Music Show, Kai revelou que debutaría coma solista nun futuro próximo. Malia isto, non se revelaron máis detalles até o 25 de xaneiro de 2020, día no que o cantante realizou unha entrevista en Weibo onde falou acerca do seu debut para 2020. En xaneiro de 2019, Kai apareceu coma diretor especial do programa Under Nineteen. En agosto do mesmo ano, foi presentado coma integrante de SuperM, xunto a Baekhyun, Taeyong, Ten, Taemin, Lucas e Mark. O grupo debutou en outubro co lanzamento do EP homónimo. Uns meses despois, en marzo de 2020, Kai converteuse en embaixador global da marca Gucci. O 3 de xullo, News1 informou que Kai atopábase gravando o seu álbum en solitario, pero que aínda non existía unha data establecida, sendo confirmado máis tarde pola súa empresa, SM Entertainment.
O 12 de outubro, o editor en xefe da revista 1st Look publicou unha foto con Kai nas súas redes sociais, anunciando que Kai se convertira na primeira musa masculina da marca de cosméticos Bobbi Brown. O 1 de novembro, Kai apareceu no showcase en liña TUCSON Beyond Drive, unha colaboración entre Hyundai Motors e SM Entertainment, onde realizou unha actuación musical titulada Follow Your Hidden Light que combinaba o K-pop e a tecnoloxía AR. O 30 de novembro de 2020, Kai debutou en solitario cun miniálbum homónimo e co sinxelo «Mmmh», converténdose no quinto membro de EXO en debutar como solista. Como bailarín destacado, el mesmo creou a coreografía para todas as cancións do EP. Durante unha conferencia de prensa en liña o artista declarou: «Aínda que todas as cancións son de R&B, todo é diferente e pensei en como podería mostrar mellor a miña voz e ton no escenario. Espero que a xente tamén estea ansiosa polas actuacións en vivo.»
O 26 de outubro de 2021, SM anunciou que Kai faría o seu primeiro regreso como solista en novembro cun novo álbum. O 11 de novembro, revelouse que o título do disco sería Peaches e que o seu lanzamento sería o 30 do mesmo mes.
No episodio do 2 de setembro de 2013 de Hello de KBS 2TV, preguntóuselle a Nicole Jung quen lle gustaba ultimamente. Nicole dubidou, pero respondeu: «Ultimamente, gústame Kai de EXO. Creo que é guapo». En FM4U's Kim Shin Young's Noon Song of Hope de MBC, Hyoyeon de Girls' Generation compartiu que lle gustaría bailar con Kai, declarando: «Xa dixen que mesmo antes do debut de EXO, Kai bailaba ben»
En abril de 2014, a artista BoA tratou temas relacionados co baile en Night of TV Entertainment. Os interlocutores preguntáronlle: «Quen é o bailarín que BoA máis aprecia?», e respondeu sen dubidalo: «Kai de EXO». Ela explicou: «O feito de que traballes duro para bailar non significa que bailes ben. Creo que el ten moi bo control sobre o poder dos movementos entre suaves e fortes». En decembro de 2015, a páxina web Odyssey describiu a Kai coma «divino» ao situalo no décimo cuarto posto entre «os 41 homes máis candentes do mundo». Dita lista é unha protesta contra a elección da revista People de «os homes máis sexys do ano», que adoita favorecer aos homes de raza branca.
O 25 de agosto de 2018, Kai fíxose tendencia en Twitter inesperadamente cando un grupo de fanáticos de EXO comezou a explicar nas redes sociais por que o cantante sería un gran modelo para a popular marca de cosméticos de Rihanna, Fenty Beauty. Xunto co hashtag FENTYxKAI, os fanáticos compartiron fotos das súas sesións fotográficas anteriores, edicións e máis. A marca rapidamente tomou a iniciativa de dar 'me gusta' en varias fotos de Kai en Instagram.
Co lanzamento do álbum Don't Mess Up My Tempo en novembro de 2018, Kai popularizou o Crop Top Mania e transformou o uso da blusa corta no seu estilo característico mediante o uso de diferentes lonxitudes, texturas, cores e deseños.
Ano | Título | Canle | Papel | Notas |
---|---|---|---|---|
2012 | To the Beautiful You | SBS | El mesmo | Cameo |
2015 | EXO Next Door | Naver TV Cast | Kai | Papel secundario |
2016 | Choco Bank | Kim Eun-heng | Papel principal | |
7 First Kisses | Kai | Dous episodios | ||
2017 | Andante | KBS1 | Lee Shi-kyung | Papel principal |
2018 | Spring Has Come | WOWOW | Lee Ji-won | Papel secundario |
The Miracle We Met | KBS2 | Ato |
Ano | Título | Canle | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|
2012 | Asian Hero | Channel V Thailand | Invitado | |
Asia Lover | True Corporation | |||
M! Countdown | Mnet | Presentador con Suho | ||
2013 | Star King | SBS | Invitado con Luhan, Baekhyun, Xiumin e Suho | |
Immortal Songs 2 | KBS | Invitado | ||
Idol Star Athletics Championships | MBC | Competidor con Suho, Luhan, Xiumin, Baekhyun, Kris, Sehun e Tao |
[1] | |
We Got Married | Invitado con Suho visitando a parella de Taemin e Naeun |
[2] | ||
Inkigayo | SBS | Presentador | [3] | |
Dancing 9 | Mnet | Invitado con Lay | [4] | |
Hello Counselor | KBS | Invitado con Lay | [5] | |
2014 | Running Man | SBS | Competidor con Sehun | [6] |
2015 | After School Club | Arirang TV | Invitado con Baekhyun | [7] |
Oh! My Baby | SBS | Invitado | [8] | |
2016 | Yummy! Yummy! | Le.com | Invitado con Sehun | [9] |
2018 | Under Nineteen | MBC | Mentor | [10] |
2019 | K stage | JTBC | Invitado con Suho, Baekhyun, Chen e Sehun | [11] |
Ano | Premio | Categoría | Traballo nomeado | Resultado | Ref(s). |
---|---|---|---|---|---|
2018 | StarHub Night of Stars | Personaje favorito dun drama coreano | Andante | [12] | |
32nd KBS Drama Awards | Mellor actor novel | The Miracle We Met | Nomeado | [13] | |
Mellor parella (con Ra Mi-ran) |
Nomeados | ||||
2020 | Golden Disc Awards | Disco bonsang | Kai | Nomeado | [14] |
2021 | Mnet Asian Music Awards | Mellor solo masculino | Nomeado | ||
Artista do ano | Nomeado | ||||
Álbum do ano | Nomeado | ||||
Outros premios | |||||
2018 | 13th Soompi Awards | Mellor ídolo-actor | Andante | Nomeado | [15][16] |
Recoñecementos | |||||
2016 | TC Candler: The 4th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2016 | El mesmo | 44th | [17] |
2017 | TC Candler: The 5th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2017 | 38th | [18] | |
2018 | TC Candler: The 6th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2018 | 51st | [19] | |
2019 | TC Candler: The 7th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2019 | 63rd | [20] | |
2020 | TC Candler: The 8th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2020 | 32nd | [21] | |
2021 | TC Candler: The 9th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2021 | 48th | [22] | |
2022 | TC Candler: The 10th Annual Independent Critics List | World's 100 Most Handsome Faces of 2022 | 97th | [23] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.