From Wikipedia, the free encyclopedia
Ján Babjak, nado o 28 de outubro de 1953 en Hažín nad Cirochou (Eslovaquia), é un eclesiástico grecocatólico eslovaco, metropolita de Prešov entre 2008 e 2022.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1953 (70 anos) Hažín nad Cirochou (pt) |
Arcebispo católico | |
30 de xaneiro de 2008 – 25 de abril de 2022 ← el mesmo – Jozef Jonáš Maxim (pt) → Diocese: Greek Catholic Archeparchy of Prešov (en) | |
Bispo diocesano | |
11 de decembro de 2002 – 30 de xaneiro de 2008 ← Ján Hirka – el mesmo → Diocese: Greek Catholic Archeparchy of Prešov (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Socialista Checoslovaca Eslovaquia |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina eslovaca |
Educación | Pontificio Instituto Oriental (–1993) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2003–), sacerdote católico (1978–) |
Lingua | Lingua eslovaca |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Consagración | Xoán Paulo II, papa |
Premios
| |
Foi ordenado sacerdote da eparquía de Prešov o 11 de xuño de 1978, e incardinouse na Compañía de Xesús o 18 de xuño de 1987.
O 11 de decembro de 2002 foi nomeado bispo de Prešov. Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 2003 na basílica de San Pedro, de mans do papa Xoán Paulo II, e tendo como principais co-consagradores ao substituto da secretaría de estado Leonardo Sandri e ao secretario da Congregación para as Igrexas Orientais Antonio Maria Vegliò.[1]
Cando o 30 de xaneiro de 2008 o papa Bieito XVI elevou a Igrexa católica bizantina eslovaca ao rango de igrexa metropolitana, Babjak foi nomeado primeiro metropolita de Prešov. O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[2]
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.