numismático alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduard Julius Theodor Friedländer[1], nado o 25 de xuño de 1813 en Berlín e finado o 4 de abril de 1884 na mesma cidade, foi un numismático alemán especializado na moeda medieval.[2][3][4][5]
Julius Friedländer en 1890 | |
Nome orixinal | (de) Eduard Julius Theodor Friedländer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xuño de 1813 Berlín, Alemaña |
Morte | 4 de abril de 1884 Berlín Alemaña |
Lugar de sepultura | St.-Marien- und St.-Nikolai-Friedhof I (pt) |
País de nacionalidade | Alemá |
Relixión | Xudeu converso ao protestantismo. |
Educación | Universidade de Bonn. Universidade Humboldt de Berlín. |
Q89547790 | Estudos de numismática medieval. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Influencias | |
Influencias en | |
Familia | |
Pai | Benoni Friedlaender |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Julius Friedländer era fillo do coleccionista de moedas e estudoso numismático autodidacta Benoni Friedländer e da súa muller, Rebecca von Halle, filla do banqueiro berlinés Joel Samuel von Halle. De ascendencia familiar xudía, foi bautizado na fe protestante cara a 1820, xunto cos seus irmáns.[2][4][5]
Julius cursou a súa educación secundaria no instituto do mosterio franciscano de Berlín, de confesión evanxélica, e posteriormente estudou Medicina, Arqueoloxía e Historia na Universidade de Bonn e na Universidade de Berlín.[3][5] Durante a súa etapa de estudos en Bonn formou parte do Corps Borussia, unha especie de fraternidade de membros da aristocracia alemá.[2]
Entre 1838 e 1839 realizou unha xira por Italia e o 1 de novembro de 1840, logo de acadar o seu doutoramento (coa tese titulada Numismata Inedita), comezou a traballar como voluntario e de xeito non remunerado na colección real de moedas antigas de Berlín.[5] Entre 1844 e 1847 fixo diversas viaxes a Italia, algunhas delas na compaña de Theodor Mommsen, nas cales fixo importantes adquisicións de moedas, que sentaron as bases da posterior relevancia da colección numismática do Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, sito no Museo Bode.[2][3]
En 1858 pasou a ser xefe do departamento de moedas antigas do Münzkabinett e en 1868 foi nomeado director da institución, posto que desempeñou ata o seu falecemento. Durante a súa época como director levou a cabo importantes adquisicións, entre elas coleccións enteiras como a do seu propio pai, Benoni Friedländer (1861), a do xeneral Fox, en Londres (1873), ou a do conde Anton von Prokesch-Osten, en Graz (1873-1875).[2][3]
En 1872 foi escollido como membro de pleno dereito da Academia de Ciencias de Berlín.[1][2][3]
Friedländer finou en 1884 e foi soterrado no cemiterio St. Marien und St. Nikolai, no Barrio berlinés de Prenzlauer Berg.[2]
En 1886, os membros da Asociación de Numismáticos de Alemaña decidiron, durante a súa cuarta convención, en Múnic, cuñar unha medalla na honra de Friedländer. A medalla presentouse en 1891, durante a quinta convención da asociación, celebrada en Dresden. O seu deseño débese ao artista Max Barduleck.[6][7]
No anverso amósase o busto en tres cuartos de Julius Friedländer rodeado por unha lenda na que se le o seu nome e as datas do seu nacemento e da súa morte, así como a mención ao seu cargo como director do Gabinete Numismático de Berlín. Na parte de abaixo do busto vense as iniciais, MB, do gravador da moeda.[6][7]
No reverso represéntase unha figura feminina semideitada, de estilo neoclásico, rodeada de atributos relacionados coa historia e coa numismática.[6][7]
Friedländer publicou unha grande cantidade de artigos nas principais revistas numismáticas europeas da súa época. De entre as monografías que publicou ao longo da súa carreira académica, estas son algunhas das máis significativas:[8][9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.