agrarista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Julián Estévez, nado en Ames en 1855 e finado en Teis o 24 de xullo de 1928, foi un agrarista e político galego. Foi membro do Directorio Antiforista de Teis e alcalde de Lavadores, o primeiro alcalde agrarista de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1855 Ames, España |
Morte | 24 de xullo de 1928 (72/73 anos) Teis, España |
Alcalde de Lavadores | |
1914 – 1915 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Elena Estévez Mignot |
Coñecido como O Cubano, porque estivera emigrado en Cuba, regresou en 1898. Instalouse en Vigo e abriu unha tenda de comestibles e produtos agrícolas en Sanjurjo Badía. De ideas progresistas, foi membro destacado do Directorio Antiforista de Teis, do que chegou a ser presidente, e responsable do periódico El Campesino.
En 1910 propuxo ao Concello de Lavadores que "uniéndose a todos los municipios de Galicia, pidiera al Gobierno la promulgación de una ley que redimiera forzosamente los foros". Conseguiu que as sociedades agrarias interviran na elaboración do repartimento de consumos.
Foi alcalde de Lavadores entre 1914 e 1915, converténdose no primeiro alcalde agrarista de Galicia. Representou a Lavadores na Deputación Provincial e foi candidato agrario a deputado polo distrito de Tui-Vigo nas eleccións de 1916 fronte a Ángel Urzaiz, pero non logrou o escano pola manipulación das votacións. Foi detido con motivo da folga xeral de 1917 e estivo en prisión acusado de rebelión.
A petición da Sociedad Agrícola de Lavadores, dedicóuselle unha rúa de Teis en 1926. Finou en Teis o 24 de xullo de 1928.[1]
Predecesor: ? |
Alcalde de Lavadores 1914 - 1915 |
Sucesor: ? |
Casou con Dolores Ifigenia Mignot, natural de Matanzas, que finou en xullo de 1921 aos 58 anos, e coa que tivo oito fillos. A filla máis vella, Dolores, coñecida por Electra, abriu a primeira panadería de Teis. A menor, Elena, foi unha propagandista agraria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.