actriz australiana (1897-1992) From Wikipedia, the free encyclopedia
Dame Frances Margaret Anderson, nada en Adelaida o 10 de febreiro de 1897 e finada en Santa Barbara o 3 de xaneiro de 1992,[1] foi unha actriz británica de orixe australiana coñecida como Judith Anderson, que tivo unha carreira de éxito no teatro, no cinema e na televisión. Foi unha destacada actriz teatral do seu momento e gañou dous premios Emmy e un premio Tony, ademais de ser candidata ao Grammy e ao Oscar. Está considerada unha das grandes actrices clásicas do século XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Frances Margaret Anderson 10 de febreiro de 1897 Adelaida (Australia) |
Morte | 3 de xaneiro de 1992 (94 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Datos persoais | |
Residencia | Santa Bárbara |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema , actriz de televisión |
Período de actividade | 1915 - 1987 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Luther Greene (1946–1951), divorcio |
Premios
| |
|
Frances Margaret Anderson naceu en 1897, a máis nova dos catro fillos de Jessie Margaret (de solteira Saltmarsh; 19 de outubro de 1862 – 24 de novembro de 1950), antiga enfermeira, e do escocés James Anderson Anderson, prospector pioneiro.[2][3] Asistiu a unha escola privada, Norwood, en que acabou a súa educación antes de graduarse.[4]
Debutou profesionalmente como Francee Anderson en 1915, interpretando a Stephanie no Teatro Real de Sydney, en A Royal Divorce. Á fronte da compañía estaba o actor escocés Julius Knight ao que logo recoñeceu como quen lle deu as súas habilidades interpretativas.[5] Apareceu ao seu lado en adaptacións de The Scarlet Pimpernel, The Three Musketeers, Monsieur Beacauire e David Garrick. En 1917 fixo unha xira por Nova Zelandia.[6]
Anderson era ambiciosa e quixo deixar Australia. Moitos dos actores locais marchaban a Londres, pero a guerra facíao máis difícil e decidiu ir aos Estados Unidos.[7] Viaxou a California, pero non tivo éxito logo de catro meses e mudouse a Nova York, coa mesma falla de éxito.[6][8] Tras un período de pobreza e enfermidade, atopou traballo na Emma Bunting Stock Company no Fourteenth Street Theatre en 1918–19. Entón marchou de xira con outras compañías.[6]
Debutou en Broadway con Up the Stairs (1922) á que seguiu The Crooked Square (1923) e logo marchou a Chicago con Patches (1923). Apareceu tamén en Peter Weston (1923) que tivo unha breve traxectoria.[9]
Un ano despois cambiou o seu nome artístico a Judith e logrou o seu primeiro triunfo coa obra Cobra (1924) coprotagonizada con Louis Calhern, que tivo 35 representacións. Despois pasou a The Dove (1925) que tivo 101 funcións e a estableceu definitivamente en Broadway.[6][10]
Anderson debutou no cinema nunha curtametraxe para Warner Bros., Madame of the Jury (1930), e debutou na longametraxe cun papel en Blood Money (1933). Con todo, centrouse en Broadway: Come of Age (1934) e Divided By Three (1934).[11]
Recibiu un forte pulo na súa carreira cando foi contratada para o filme Rebecca (1940), de Alfred Hitchcock. O filme foi un éxito comercial e de crítica e Anderson foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria.
Anderson casou dúas veces e declarou que "ningunha experiencia foi unha feliz vacación":[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.