From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Yagüe y Blanco, primeiro marqués de San Leonardo de Yagüe, nado o 19 de novembro de 1891 e finado o 21 de outubro de 1952, foi un oficial do exército español durante a Guerra civil, un dos máis importantes do bando nacionalista. Foi coñecido como Carnicero de Badajoz[1] [2] por ter ordenado a morte de miles de persoas, entre elas homes feridos no hospital.
Juan Yagüe | |
---|---|
Nome completo | Juan Yagüe y Blanco |
Nacemento | 19 de novembro de 1891 en San Leonardo de Yagüe, Reino de España |
Morte | 21 de outubro de 1952 (60 anos) Burgos, España franquista |
Ocupación | Militar e político |
Serviço militar | |
País | Reino de España (1907-1931) Segunda República Española (1931-1936) España franquista (1936-1952) |
Servizo | Exército de España |
Anos de servizo | 1907-1952 |
Patente | Capitán-xeneral |
Unidades | Legión española |
Comando | Comandante Militar de Melilla Capitán-xeneral da VI Región Militar |
Conflitos | Guerra do Rif Guerra Civil Española |
Condecoracións | Medalla Militar |
Fillo de médico, matriculouse moi novo na Academia de Infantaría de Toledo, onde Francisco Franco era cadete. Os dous homes recibiron encargos ao mesmo tempo e serviron xuntos en África, onde Yagüe resultou ferido en varias ocasións e recibiu varias condecoracións.
Yagüe foi ascendido a tenente coronel en 1932. Xunto con Franco e o xeneral López Ochoa, axudou a reprimir unha revolta obreira en Asturias utilizando regulares e lexionarios marroquís en 1934. Foi firme partidario da Falange e amigo íntimo de José António Primo de Rivera .
Cando Niceto Alcalá-Zamora foi substituído como presidente da República polo esquerdista Manuel Azaña o 10 de maio de 1936, un grupo de oficiais do exército español, entre eles Yagüe, Emilio Mola, Franco, Gonzalo Queipo de Llano e José Sanjurjo, comezaron a conspirar para derrocar o goberno da Fronte Popular elixido democraticamente. O 17/18 de xullo de 1936 provocaron un levantamento militar que precipitou a Guerra civil española.
As forzas de Yagüe subleváronse en Ceuta antes de cruzar o estreito de Xibraltar para enlazar coas forzas nacionalistas en Sevilla, dirixidas por Queipo de Llano. Yagüe avanzou cara ao norte, atacou primeiro Mérida antes de atacar Badaxoz con 3.000 soldados o 14 de agosto de 1936. Produciuse unha dura pelexa na rúa mentres os nacionalistas avanzaban na cidade. As forzas de Yagüe finalmente conseguiron o control de Badaxoz, e ambos os bandos sufriron fortes baixas.
Baixo a dirección de Yagüe, miles de prisioneiros, tanto militares como civís, foron asasinados ou executados en Badaxoz, durante o Masacre de Badaxoz.[3] [4] [5] Antes de abandonar a cidade, Yagüe foi preguntado polo xornalista estadounidense John T. Whitaker sobre o motivo polo que matou a todas esas persoas (o 10% da poboación da cidade) e este respondeu: [6]
Por supuesto que los matamos. ¿Qué esperaba usted? ¿Que iba a llevar 4000 prisioneros rojos conmigo, teniendo mi columna que avanzar contrarrreloj?¿O iba a soltarlos en la retaguardia y dejar que Badajoz fuera roja otra vez?
Yagüe foi ascendido a coronel e despois avanzou a Madrid, capturando Trujillo, Navalmoral de la Mata e Talavera de la Reina, pero non puido tomar a capital. Participou na ofensiva de Aragón e fíxose co control de Belchite, Caspe e Lleida. Tamén tivo un papel protagonista na vitoria fascista na batalla do Ebro. En maio de 1938, Yagüe foi destituído do seu mando e detido por unhas temerarias declaracións que fixo nun discurso en Burgos, crítico co franquismo. Volveu á fronte en poucas semanas.
Dixose del que era o comandante das forzas españolas máis respectado da Lexión Cóndor nazi.[7] Yagüe adaptaba ás circunstancias os plans de batalla cambiantes, porén os nazis odiaban a Mola polo seu enfoque cauteloso.
Tras o colapso da II República Española en 1939, Yagüe foi ascendido a xeneral de división, nomeado Ministro do Exército do Aire por Franco, tenente xeneral en 1942 e comandante en xefe a título póstumo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.