Juan Urdangarin y Borbón
aristócrata español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Valentín de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 29 de setembro de 1999[1], é o fillo primoxénito da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Valentín de Todos los Santos Urdangarin y Borbón ![]() 29 de setembro de 1999 ![]() Barcelona, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá ![]() |
Outro![]() | |
Título | Don ![]() |
Familia | Dinastía Borbón ![]() |
Pais | Iñaki Urdangarin ![]() ![]() |
Irmáns | Irene Urdangarin e de Borbón, Miguel Urdangarin e de Borbón e Pablo Urdangarin e de Borbón ![]() |
Tres meses logo do seu nacemento Juan Valentín foi bautizado no Palacio da Zarzuela o día 12 de decembro. Os seus padriños foron a súa tía materna a infanta Elena e o seu tío paterno Mikel Urdangarin. Chámase Juan na honra aos seus avós o rei Xoán Carlos I e Juan María Urdangarin, Valentín por San Valentín de Berriochoa, antepasado da súa familia paterna e Todos os Santos é tradición na Familia real española.[2]
Juan é o sétimo na liña de sucesión ao trono de España, logo das súas curmás Leonor e Sofía de Borbón, a súa tía Elena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica e a súa nai Cristina de Borbón e por diante dos seus irmáns máis novos Pablo, Miguel e Irene.[3] Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.