Irene Urdangarin y Borbón
aristócrata española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Irene de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nada en Barcelona o 5 de xuño de 2005[1], é a cuarta e única filla da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neta dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriña dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Irene Urdangarín de Borbó 5 de xuño de 2005 (18 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Outro | |
Título | Doña (en) |
Familia | Dinastía Borbón |
Pais | Iñaki Urdangarin e Cristina de Borbón e Grecia |
Irmáns | Pablo Urdangarin e de Borbón, Miguel Urdangarin e de Borbón e Juan Urdangarin e de Borbón |
Unhas semanas logo do seu nacemento na Clínica Teknon de Barcelona, a nova membro da Familia real española foi bautizada o 14 de xullo de 2005 no Palacio da Zarzuela. O cardeal Antonio María Rouco Varela presidiu a cerimonia. Os padriños son a princesa Rosario de Bulgaria e Pedro López Quesada.[2]
Irene é a décima na liña de sucesión ao trono de España, por detrás das súas curmás Leonor e Sofía de Borbón, a súa tía Elena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica, a súa nai Cristina de Borbón e os seus irmáns máis vellos Juan, Pablo e Miguel.[3] Como filla dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.