From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Luis Cebrián Echarri, nado en Madrid o 30 de outubro de 1944, é un xornalista, escritor e empresario español. Dende 1997, é académico da Real Academia Española.
Cursou estudos de humanidades na Universidade Complutense de Madrid e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo de España en 1963, ós 19 anos. Entrou a traballar como redactor xefe en Pueblo, o diario vespertino do Movimiento que dirixía o íntimo amigo do seu pai Emilio Romero. Tras ocupar o cargo de subdirector en Pueblo, pasou a Informaciones. Tamén participou na fundación da revista Cuadernos para el diálogo en 1963. En 1974, foi nomeado xefe dos servizos informativos de RTVE polo último goberno da ditadura franquista.
Foi director-fundador do diario El País, que dirixiu dende 1976 até novembro de 1988. De 1986 a 1988 desempeñou o posto de presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI). En novembro de 1988, deixou a dirección do diario para facerse cargo da súa empresa. Dende entón, é conselleiro delegado do Grupo PRISA e do propio xornal, vicepresidente da Sociedade Española de Radiodifusión e de Prisa TV, empresa da que foi conselleiro delegado dende a súa fundación (1989) até 1999. No 2008, asumiu o cargo de presidente executivo do grupo. Tamén é membro do Grupo Bidelberg.[1][2][3] En abril de 2011, asumiu como presidente executivo e delegado da área de prensa e conselleiro delegado do País.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.