avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Eugenio Carmelo Vidal Fraga, nado en Cambados o 1 de febreiro de 1905 e finado en Marcón (Pontevedra) o 26 de febreiro de 1970, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1905 Cambados, España |
Morte | 26 de febreiro de 1970 (65 anos) Marcón, España |
Alcalde de Cambados | |
1931 – 1935 – Juan Salgado Pérez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Juan Vidal Fraga |
Pai | Salustiano Vidal Lores |
Fillo de Salustiano Vidal Lores. Estudou o bacharelato nos institutos de Pontevedra e Santiago de Compostela (1915-1925). Despois cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela de 1924 a 1934. Coa proclamación da Segunda República, logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido alcalde de Cambados o 5 de xuño. Estaba vinculado ao Partido Republicano Gallego. Foi designado membro da xestora da Deputación provincial o 30 de decembro de 1935.[1] En 1950 foi elixido Prohombre da Hermandad de Labradores de Cambados.[2] Despois foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra.
En 1953 foi vivir coa súa familia a Marcón, á granxa Garea, unha propiedade de seis hectáreas a carón do río do Marco que pertencera a Luis Rodríguez de Viguri.[3]
Predecesor: José Padín González-Pardo |
Alcalde de Cambados 1931 - 1935 |
Sucesor: Juan Salgado Pérez |
Casou coa súa curmá Eugenia Fraga Fernández, filla de Eugenio Fraga Padín, en febreiro de 1935,[4] e tivo once fillos: Eugenio, Luis Manuel (Chiras), Lucila, Juan, Eugenia, Salustiano (Tano), Enrique, Francisco, Socorro, Encarna e María del Carmen (Maca).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.