José Joaquín Martínez Sieso, nado en Bilbao, Biscaia, o 13 de abril de 1957, foi o sexto presidente da comunidade autónoma de Cantabria, e o primeiro nacido fóra do seu territorio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1956 (68 anos) Bilbao, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
18 de marzo de 2008 – 26 de xullo de 2011 – María Jesús Susinos (en) → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Cantabria Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
23 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Cantabria Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Presidente de Cantabria | |
13 de xullo de 1995 – 26 de xuño de 2003 ← Juan Antonio Hormaechea Cazón – Miguel Ángel Revilla → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
22 de xuño de 1993 – 27 de xuño de 1995 – María Visitación Pérez Vega → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Cantabria Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Cantabria Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Member of the Parliament of Cantabria (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , avogado |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Biografía
Naceu en Bilbao o 13 de abril de 1957, aínda que uns días máis tarde foi levado ao municipio cántabro de Limpias.[1]
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Deusto e MBA polo Instituto de Empresa de Madrid. Durante o V Congreso Rexional do Partido Popular de Cantabria, celebrado no ano 1995 foi elixido membro da executiva do partido.
Nas eleccións autonómicas do mesmo ano, obtivo unha maioría simple con 13 deputados. Co apoio do PRC, Joaquín Martínez Sieso é investido presidente de Cantabria. Desta forma asume a difícil tarefa de emprender goberno en minoría (13 do PP máis 6 do PRC), pois precisábanse 20 escanos para gobernar en maioría. Joaquín Martínez Sieso preferiu pactar cos rexionalistas que coa UPCA do polémico Juan Hormaechea.
Nas eleccións autonómicas do 13 de xuño de 1999 é reelixido presidente do Goberno de Cantabria de novo co apoio do PRC, pois facíalle falta para gobernar en maioría. Nas eleccións autonómicas do 25 de maio de 2003 vólvese presentar como candidato do Partido Popular. De novo non consegue a maioría absoluta da cámara. O PRC nesta ocasión presta o seu apoio ao PSC-PSOE e deixa fóra do Goberno de Cantabria o Partido Popular. Nas eleccións autonómicas de 2007 Joaquín Martínez Sieso xa non é o candidato do partido, o seu lugar ocúpao Ignacio Diego, que tampouco conseguiu gobernar xa que rexionalistas (PRC) e socialistas (PSC-PSOE) revalidaron o pacto.
Desde 2011, e tras a vitoria por maioría absoluta do PP nas eleccións autonómicas, é nomeado Presidente da Autoridade Portuaria de Santander ata 2015.[2]
Cargos
- Deputado por Cantabria no Congreso dos Deputados (1989-1995)
- Deputado no Parlamento de Cantabria (1995-2004)
- Presidente do Goberno de Cantabria (1995-2003)
- Deputado por Cantabria no Congreso dos Deputados (2004-2011)
- Vicepresidente terceiro do Congreso dos Deputados (2007-2008)
- Presidente da Autoridade Portuaria de Santander (desde 2011)
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.