cantante alemá From Wikipedia, the free encyclopedia
(Maria) Josepha Weber (máis adiante Josepha Hofer e Josepha Meier), nada en Zell im Wiesental en 1758 e finada en Viena o 29 de decembro de 1819, foi unha soprano alemá da era clásica. Era cuñada de Wolfgang Amadeus Mozart, e foi a primeira intérprete do papel da Raíña da Noite na ópera de Mozar Die Zauberflöte (1791).
Nome orixinal | (de) Maria Josepha Hofer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Maria Josepha Weber 1759 Zell im Wiesental, Alemaña |
Morte | 29 de decembro de 1819 (59/60 anos) Viena, Austria |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Tesitura | Soprano coloratura |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Friedrich Sebastian Meier (1797–) Franz de Paula Hofer (1788–1796) |
Pais | Franz Fridolin Weber e Cäcilia Weber |
Irmáns | Sophie Haibel Aloysia Weber Constanze Mozart |
Descrito pola fonte | Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:9, 53, p.158, 196) Universal-Lexikon der Tonkunst (en) biografiA: Lexikon österreichischer Frauen (en) , (vol:1, p.1322) >>>:Hofer Josepha, geb. Weber |
Weber naceu en Zell im Wiesental (actualmente en Baden-Württemberg, Alemaña), filla de Fridolin Weber. Tivo tres irmás máis novas: Aloysia, que foi pretendida amorosamente por Mozart e cantou nas súas óperas posteriores; Constanze, que casou con Mozart en 1782;[1] e Sophie. O compositor Carl Maria von Weber era fillo do medio irmán do seu pai.
Josepha creceu principalmente en Mannheim, e mudouse coa súa familia primeiro a Múnic e despois a Viena, seguindo a carreira como cantante da súa irmá Aloysia. Contra 1789 era a prima donna no grupo teatral dirixido por Johann Friedel no Theater auf der Wieden dos suburbios.[2] Trala morte de Friedel ese mesmo ano, encargouse do teatro Emanuel Schikaneder, que a mantivo na nova compañía que formou. Parece que foi un membro importante do grupo e a ópera colaborativa Der Stein der Weisen, especia de antecedente de Die Zauberflöte non inclúe arias para soprano coloratura porque no momento en que foi escrita Hofer estaba de baixa por maternidade.[3]
Na estrea de enorme éxito de Die Zauberflöte en 1791, Hofer asumiu o papel da Raíña da Noite, que incluía unha célebre parte de coloratura. Continuou a interpretar o papel ata 1801, cando o deixou con 43 anos.
Hofer tamén estreou outros papeis. Foi de novo a Raíña da Noite na secuela de Die Zauberflöte escrita por Schikaneder e Winter, Das Labyrinth oder der Kampf mit den Elementen (1798). Tamén foi a primeira que cantou o papel de Oberon na ópera de Paul Wranitzky (1789).
Casou dúas veces. O seu primeiro marido foi o músico Franz de Paula Hofer (1755–96), co que casou o 21 de xullo de 1788 na catedral de Santo Estevo de Viena.[4] Hofer estivo empregada como violinista na corte imperial.[5] O seu segundo marido (1797) foi o cantante Sebastian Meier (1773–1835). Meier foi o primeiro que cantou o papel de Pizarro na ópera de Beethoven Fidelio.
Josepha Meier retirouse do canto en 1805, e faleceu en Viena o 29 de decembro de 1819.
Sobre o seu canto, o dicionario New Grove di, "segundo informes contemporáneos, dominaba unha tesitura moi alta, mais tiña un fío áspero na súa voz e carecía de presenza na escena". A súa calidade valíalle para realizar as difíciles pasaxes de coloratura que Mozart escribiu no papel da Raíña da Noite.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.