José de Salamanca Mayol
From Wikipedia, the free encyclopedia
José María de Salamanca y Mayol, nado en Málaga o 23 de maio de 1811 e finado en Carabanchel Bajo (Madrid) o 21 de xaneiro de 1883, I marqués de Salamanca e I conde de los Llanos, con Grandeza de España, foi un influínte estadista, destacada figura aristócrata e social e home de negocios durante o reinado de Isabel II de España.
Nome orixinal | (es) José de Salamanca, 1st Count of los Llanos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) José de Salamanca y Mayol 23 de maio de 1811 Málaga, España |
Morte | 21 de xaneiro de 1883 (71 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Granada |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , emprendedor |
Partido político | Partido Moderado |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Marqués |
Dá nome ao actual distrito de Salamanca de Madrid, parte do ensanche da cidade que impulsou. De vida aventureira con múltiples altibaixos, a José de Salamanca se lle atribúen numerosos negocios con grandes beneficios en sectores como o ferroviario, a construción, a banca ou o investimento bolsista; ademais foi acusado de varias corruptelas relacionadas coa especulación en bolsa; a miúdo como socio doutros destacados membros da sociedade española do momento, incluíndo a María Cristina de Borbón, nai de Isabel II e rexente durante a súa minoría de idade. Probabelmente chegou a posuír, nos seus mellores momentos, a maior fortuna de España.