![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Marie-Christine_de_Bourbon-Siciles%252C_Reine_d%2527Espagne.jpg/640px-Marie-Christine_de_Bourbon-Siciles%252C_Reine_d%2527Espagne.jpg&w=640&q=50)
Rexencia
momento en unha monarquía cando outra persoa goberna no nome do rei ou da raíña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.[1] A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Marie-Christine_de_Bourbon-Siciles%2C_Reine_d%27Espagne.jpg/320px-Marie-Christine_de_Bourbon-Siciles%2C_Reine_d%27Espagne.jpg)