poeta e flamencólogo español, premio Cervantes From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel Caballero Bonald, nado en Xerez da Fronteira o 11 de novembro de 1926 e finado en Madrid o 9 de maio de 2021,[1] foi un escritor español, que sobresaíu principalmente como poeta.[2] A coidadosa utilización da linguaxe e o barroquismo caracterizan a súa obra. Tamén foi un recoñecido flamencólogo.[3]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1926 Xerez da Fronteira, España |
Morte | 9 de maio de 2021 (94 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Sevilla (1949–1952) Colegio Nuestra Señora del Pilar |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura española, Spanish poetry (en) , ensaio, ciencia da literatura, edição (pt) , novela autobiográfica, regionalismo (pt) e Flamenco |
Lugar de traballo | Bogotá |
Ocupación | poeta, prosista, editor colaborador, hispanista, profesor universitario, especialista en literatura, novelista, ensaísta, escritor, guionista, estudoso da literatura |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Movemento | Xeración de 1950 de Literatura española |
Participou en | |
18 de febreiro de 2014 | Intellectuals for the Third Republic (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Páxina web | fcbonald.com |
De pai cubano —republicano do Partido Reformista— e nai de ascendencia aristocrática francesa —da familia do vizconde de Bonald—, estudou Filosofía e Letras en Sevilla entre 1949 e 1952 e náutica e astronomía en Cádiz.[4] Nestes mesmos anos comezou a relacionarse cos cordobeses da revista Cántico, como Pablo García Baena.
Publicou o seu primeiro poemario, Las adivinaciones, en 1952, tras obter con el un accésit do Premio Adonáis. Dous anos antes gañara o Platero de poesía.[5]
A súa carreira continuou en Latinoamérica, onde foi profesor universitario na Universidade Nacional de Colombia en Bogotá.[1][6] Na capital colombiana escribiu a súa primeira novela —Dos días de septiembre, galardoada en 1961 co Premio Biblioteca Breve e publicada ao ano seguinte—[1] e tivo ao seu primeiro fillo.[7] En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española.[8]
Ao regresar de Colombia intensificou o interese pola literatura como método de loita antifranquista, en liña coas directrices do Partido Comunista, no que con todo nunca militou.[9]
Traballo como director literario na editorial Júcar e colaborou con Camilo José Cela na publicación da revísta Papeles de Son Armadans como subdirector[1] e no proxecto do Instituto de Lexicografía da Real Academia Española. Ademais, tivo un idilio de sete anos coa primeira muller de Cela, Rosario Conde.[10]
En 1986 inaugurouse un instituto co seu nome, e en 1998 constituíuse a Fundación Caballero Bonald.[11]
En abril de 2009 publica La noche no tiene paredes, composto por 103 poemas, onde fai unha reivindicación da incerteza, porque, nas súas propias palabras, «o que non ten dúbidas, o que está seguro de todo, é o máis parecido que hai a un imbécil.»[12]
Tras a publicación de Entreguerras (2012), libro formado por un só poema de case 3.000 versos, declarou: "xa non vou escribir nada", con todo continuou escribindo.[13] Recoñeceu que escribir poesía axúdalle a manterse novo. "O permanecer na brecha rexuvenécete. O que non queda calado, o que iguala o pensamento coa vida, ten xa moito gañado para rexuvenecer", declarou ao cumprir 80 anos.
O 29 de novembro de 2012 foi galardoado co Premio Cervantes.[14]
Foi presidente do xurado de varios galardóns literarios, tanto de poesía como de narrativa,[15] entre os que destaca o Premio de Novela Cidade de Torrevieja, localidade esta última que en xuño de 2010 lle dedicou unha das súas prazas.[16]
En 2018 afirmou que non pensaba volver escribir.[17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.