escritor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
José Augusto Neves Cardoso Pires, nado en Vila de Rei (San João do Peso, cerca da fronteira con España) o 2 de outubro de 1925 e finado en Lisboa o 26 de outubro de 1998,[1] foi un escritor portugués.[2] A biblioteca municipal de Vila de Rei leva o seu nome.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1925 São João do Peso, Portugal (pt) |
Morte | 26 de outubro de 1998 (73 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Nacido en San João do Peso, no concello de Vila de Rei, fillo de José António Neves e da súa muller Maria Sofia Cardoso Pires, el de alí natural e ela de Cardigos, en Mação, foi moi cedo para Lisboa cos pais, el Oficial da Mariña Mercante, ela dona de casa. A irmá foi Maria de Lurdes Neves Cardoso Pires (5 de outubro de 1927) e o irmán, António Nuno Cardoso Pires Neves (13 de xuño de 1931 - 9 de abril de 1953).
Entre 1935 e 1944 frecuentou o Liceu Camões,[3] onde tivo como profesores a Rómulo de Carvalho e Delfim Santos, iniciando, de seguido, unha nunca terminada licenciatura en Matemáticas Superiores, na Facultade de Ciencias.
En 1945 alístase na Mariña Mercante,[4] como practicante de piloto sen curso, actividade que abandona compulsivamente, «suspeito de indisciplina e detido em viagem do navio Niassa» (c.f. auto da Capitanía do Porto de Lisboa, de 02-02-1946).
Xa despois de optar pola carreira de xornalista, veu a asumir a dirección das Edicións Artísticas Fólio, onde Aquilino Ribeiro publicou O Retrato de Camilo, e onde lanzou a colección Teatro de Vangarda, que contribuirá para a revelación en lingua portuguesa de obras de Samuel Beckett, William Faulkner e Vladimir Maiakovski. En 1959 foi para Italia, para traballar na revista Época de Milán, preparándose para a publicación dun semanario en termos semellantes ao da Época, que a censura impediu. Non obstante conseguiu lanzar a revista Almanaque, cuxa redacción integrou figuras como Luís Sttau Monteiro, Alexandre O'Neill, Vasco Pulido Valente, Augusto Abelaira e José Cutileiro. Foi tamén cronista do Diário de Lisboa, da Gazeta Musical e de Todas as Artes e da Afinidades.
En 1953, morre o seu irmán nun accidente de aviación en cumprimento do servizo militar, cando o Harvard T6 en que adestraba se incendiou en pleno voo acabando por caer e estourar. Dez anos máis tarde, Cardoso Pires dedícalle «in memoriam» a novela O Hóspede de Job como protesta contra a guerra fría e a colonización militares.
O 8 de xullo de 1954 casou con Maria Edite Pereira (5 de xaneiro de 1932), enfermeira, da cal tivo dúas fillas, Ana Cardoso Pires (4 de setembro de 1956), casada e nai dunha filla Joana (7 de novembro de 1982) e un fillo Rui (13 de marzo de 1985) Cardoso Pires Tavares, e Rita Cardoso Pires (22 de novembro de 1958), solteira e sen descendencia.
Foi profesor de Literatura Portuguesa e Brasileira no King´s College de Londres.[3] En 1995 sufriu unha isquemia cerebral e tras recuperarse contaría a súa experiencia en De profundis.[5]
Foi sepultado en 1998 no Talhão dos Artistas do Cemiterio dos Praceres, en Lisboa. No ámbito do programa que evocou o 10.º aniversario da morte de José Cardoso Pires, a Videoteca do Concello de Lisboa produciu unha curtametraxe titulada Fotogramas Soltos das Lisboas de Cardoso Pires, realizada por António Cunha.[6]
Unanimemente considerado un dos grandes escritores portugueses do século XX, nunha galería onde se poden encontrar nomes como José Saramago ou António Lobo Antunes, a súa carreira literaria está marcada pola inquedanza e pola deambulación. Autor de dezaoito libros, publicados entre 1949 e 1997, non se identifica con ningún grupo, nin se fixa en ningún xénero literario, a pesar de ser considerado sobre todo como un novelista. A súa relación máis duradeira no campo literario deuse co movemento neorrealista portugués, até ao 25 de abril de 1974, xustificada coa oposición ao réxime autoritario portugués. A inserción da súa obra no neorrealismo é, por esas razóns, contraditoria. Frecuentou tamén os grupos surrealistas, no inicio da década de 1940. Foi influenciado pola estética de Hemingway, pola narrativa cinematográfica, o que resulta en discursos curtos e diálogos concisos.
O Delfim, de 1968, é xeralmente considerado a súa obra prima, en que o narrador asume unha condición de forasteiro, aparentemente descomprometido cunha realidade anacrónica. A Gafeira, aldea inexistente do distrito de Leiría, simboliza o Portugal marcelista, cun crime no centro da historia. Sendo recibida, até 1974, como novela neorrealista, ten despertado un interese crecente como narrativa posmodernista. Pode efectivamente ser lida como a primeira novela portuguesa na cal conflúen as principais linguaxes estéticas norteadoras do futuro posmodernismo portugués debido á mestura de xéneros, á polifonía, á fragmentación narrativa e á metaficción.[7][8]
Balada da Praia dos Cães, de 1982, deuno a coñecer internacionalmente.[9]
Tamén foron tamén levadas á escena:
E ao Teatro Radiofónico, como "Uma simples flor nos teus cabelos claros" (EN) e "Balada da Praia dos Cães" (folletín EN)
Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cinema:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.