Jordi Ausàs

político catalán From Wikipedia, the free encyclopedia

Jordi Ausàs

Jordi Ausàs i Coll, nado en La Seu d'Urgell o 3 de marzo de 1960, é un político catalán que pertenceu a Esquerra Republicana de Catalunya.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Jordi Ausàs
Thumb
(2010)
Nome orixinal(ca) Jordi Ausàs i Coll
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1960 (64 anos)
La Seu d'Urgell, España
Conselleiro de Gobernación e Administracións Públicas da Generalitat de Cataluña
12 de marzo de 2008 – 29 de decembro de 2010
 Joan PuigcercósJoana Ortega 
Alcalde de La Seu d'Urgell
24 de maio de 2003 – 11 de marzo de 2008
 Joan Ganyet i Solé (pt) Albert Batalla (pt)  
Q58218890
1999 – 2008
Deputado do Parlamento de Cataluña
30 de novembro de 1995 – 13 de marzo de 2008
Circunscrición electoral: Lleida (en)
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona
Actividade
Lugar de traballo Barcelona
Ocupaciónpolítico, profesor de catalán
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya

Pechar

Traxectoria

É o pequeno de 4 irmáns. Casado e con tres fillos varóns, é profesor de EXB pola Universidade de Barcelona e mestre de catalán. Foi director da escola de Escaldes no Principado de Andorra. Ausentouse de La Seu d'Urgell na súa mocidade por motivos laborais da súa familia, pero volveu xa de adulto.

Foi Conselleiro de Gobernación da Generalitat de Cataluña. Foi alcalde de La Seu d'Urgell entre xullo de 2003 e o 11 de marzo de 2008. Dende 1995 é tamén deputado do Parlamento de Cataluña, sendo o candidato de ERC para a aínda non recoñecida vigairía do Alto Pireneo e o primeiro ou segundo (alternou) para a demarcación electoral da provincia de Lleida.

Na partido ERC ocupou o cargo de conselleiro nacional e no Parlamento de Cataluña presidiu a Comisión de Agricultura, Gandaría e Pesca (1999-2003).

Imputación nun caso de contrabando

O 12 de xullo de 2012 foi detido pola policía catalá en colaboración coa Garda Civil xunto a outras seis persoas nunha operación de contrabando de tabaco dende Andorra. Jordi Ausàs presuntamente formaba parte dun grupo organizado especializado en contrabando deste produto e estímase en 300.000 euros o montante das súas actividades delituosas. A orde de prisión foi revogada en setembro do mesmo ano.[1][2]

Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.