John Robert Schrieffer, nado en Oak Park (Illinois) o 31 de maio de 1931 e finado en Tallahassee (Florida) o 27 de xullo de 2019, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972 polos seus estudos sobre supercondutividade.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaJohn Robert Schrieffer
Thumb
(1972) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1931 Editar o valor en Wikidata
Oak Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 2019 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Tallahassee, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreenwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign - Doutor en filosofía (–1957)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Eustis High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Bardeen Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica e supercondutividade Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Florida (1992–2019)
Laboratorio Nacional de Los Álamos (1991–2006)
Universidade de Califórnia en Santa Bárbara (1980–1997)
Exxon Research & Engineering Company (en) Traducir (1979–2006)
Universidade de Pensilvania (1962–1979)
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (1959–1962)
Universidade de Chicago (1957–1960)
Universidade de Birmingham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Bardeen Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Premios

Musicbrainz: b4c208e0-1135-473d-8dfe-dd9cb2b0bf5a Find a Grave: 201581880 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

En 1940 a súa familia trasladouse a Manhasset, no estado de Nova York, e en 1947 a Eustis, Florida, onde o seu pai decidiu abandonar a súa profesión de farmacéutico e dedicarse á industria dos cítricos.

Tras licenciarse en física, despois de iniciar os estudos de enxeñería, no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts no 1953 baixo a supervisión de John C. Slater, iniciou un posgrao na Universidade de Illinois onde coñeceu a John Bardeen, do cal foi o seu asistente.

Investigacións científicas

Tras resolver un problema teórico da condución eléctrica en superficies semicondutoras, Schrieffer pasou un ano no laboratorio, aplicando a teoría a varios problemas superficiais. No ano 1957, antes de finalizar os seus estudos, desenvolveu a Teoría BCS sobre a supercondutividade xunto con John Bardeen e Leon Cooper. Esta teoría describe como cando baixa moito a temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro.

Tras finalizar os seus estudos e doutorarse no 1958 sobre a supercondutividade, Schrieffer continuou traballando sobre esta materia na Universidade de Birmingham, na Universidade de Chicago e na de Illiniois e no Instituto Niels Bohr de Copenhague. No ano 1961 foi designado profesor da Universidade de Filadelfia.

En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e Leon Cooper, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.

En 1984 foi profesor de física teórica na Universidade de California. En 6 de novembro de 2005 Shrieffer foi condenado a dous anos de prisión por ser o culpable da morte dunha persoa nun accidente automobilístico causado o ano anterior, e ingresou no R.J. Donovan Correctional de San Diego (California) o 26 de setembro de 2006.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.