matemático canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
John Charles Fields FRS,[1] nado o 14 de maio de 1863 en Hamilton, Ontario e finado o 9 de agosto de 1932, foi un matemático canadense que creou as bases para instituír o premio coñecido como a Medalla Fields, outorgado aos logros extraordinarios no campo da matemática.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1863 Hamilton, Canadá |
Morte | 9 de agosto de 1932 (69 anos) Toronto, Canadá |
Lugar de sepultura | Hamilton Cemetery (en) 43°16′36″N 79°53′25″O |
Educación | Universidade de Toronto Universidade Johns Hopkins |
Tese académica | Symbolic Finite Solutions and Solutions by Definite Integrals of the Equation dny/dxn = xmy (en) (1887 ) |
Actividade | |
Ocupación | matemático |
Empregador | Universidade de Toronto (1902–1932) Allegheny College (en) (1889–1892) Universidade Johns Hopkins (1887–1889) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Samuel Beatty (en) |
Arquivos en | |
Premios | |
O premio foi entregado por vez primeira en 1936 e, dende 1950, é a Unión Matemática Internacional, quen se encarga de concedelo cada 4 anos a 2, 3 ou 4 matemáticos de idade inferior a 40 anos no Congreso Internacional de Matemáticas.
John Charles Fields graduouse no Hamilton Collegiate Institute, en 1880, e máis tarde, en 1884, na Universidade de Toronto na que conseguiu a medalla de ouro en matemáticas[1], momento no que decidiu se trasladar a Estados Unidos para continuar os seus estudos na Universidade Johns Hopkins, en Baltimore, Maryland. En 1886, a súa tese titulada "Solucións simbólicas finitas e solucións por integrais definidas da ecuación dny/dxn = xmy", foi publicado no American Journal of Mathematics. Recibiu o doutoramento en 1887.
Permaneceu como profesor na Universidade Johns Hopkins, durante dous anos, para marchar tras este período a Meadville, Pensilvania, onde ingresou como membro da facultade do Allegheny College. Desilusionado polo estado da investigación matemática da época nos Estados Unidos, en 1881 marchou a Europa, estando enBerlín, Gotinga e París, onde coñeceu e traballou con moitos dos máis importantes matemáticos daquel tempo, como Karl Weierstrass, Felix Klein, Ferdinand Georg Frobenius e Max Planck. Tamén coñeceu a Gösta Mittag-Leffler, con quen mantivo unha forte amizade. Neste momento, comezou a publicar artigos sobre un tema novo, as funcións alxébricas, que foi co tempo o campo de investigación máis importante da súa carreira.
En 1902, torna ao Canadá para traballar na Universidade de Toronto. Dende a súa volta adicouse na súa terra natal a elevar o nivel de matemáticas tanto en círculos académicos como públicos. Meteu presión o goberno de Ontario para conseguir unha axuda de 75.000 dólares ao ano, coa que creou o Consello Nacional do Canadá para a Investigación, e a Fundación para a Investigación de Ontario.
En 1907, foi elixido membro da Royal Society do Canadá, e 1913 da Royal Society de Londres. Tamén presidiu o Real Instituto Canadense de 1919 a 1925, período no que intentou covertelo nun centro de referencia da investigación. Os seus esforzos conseguiron que Toronto chegase a se-la sede da Conferencia Matemática Internacional en 1924 que el presidiu e onde propuxo a creación dun premio internacional que daría orixe ás Medallas Field.[2]
Porén, Charles Fields é máis coñecido por se-la persoa que creou o Premio da Medalla Fields que é considerado como o premio Nobel de matemáticas. Ideou o premio cara ao final da década dos anos vinte, mais por problemas de saúde non a viu realizada. Tras estar 3 meses enfermo, morreu á idade de 69 anos deixando no seu testamento 47.000 dólares para o fondo que outorga a Medalla Fields.
O instituto Fields, da universidade de Toronto, chámase así na súa honra.[3]
Na historia da Medalla Fields, só hai un caso dun premiado que se negase a recollela: o matemático ruso Grigori Perelman, que afirmou que se a súa demostración era correcta, non precisaba máis recoñecemento[4].
O único físico que conseguiu a medalla é Edward Witten que a recibiu en 1990 e que, en 2017, está a traballar no departamento de física da universidade de Princeton.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.