![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Gedenktafel_Jan_Vermeer_van_Delft.jpg/640px-Gedenktafel_Jan_Vermeer_van_Delft.jpg&w=640&q=50)
Johannes Vermeer
pintor neerlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Johannes Vermeer, coñecido baixo os nomes Jan Vermeer, Vermeer de Delft ou Johannes van der Meer, nado en Delft en 1632 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 1675, foi un pintor neerlandés, membro da Escola de Delft, considerado un dos máis importantes da idade de ouro da pintura holandesa.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (nl) Johannes Vermeer (fr) Johannes Vermeer ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | outubro de 1632 ![]() Delft (Provincias Unidas) ![]() |
Morte | 15 de decembro de 1675 ![]() Delft (Provincias Unidas) ![]() |
Lugar de sepultura | Igrexa vella de Delft ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Delft ![]() |
País de nacionalidade | Provincias Unidas ![]() |
Relixión | Calvinismo e catolicismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Lugar de traballo | Delft (1653–1675) ![]() |
Ocupación | pintor , coleccionista de arte ![]() |
Xénero artístico | Pintura de xénero e retrato ![]() |
Movemento | Pintura do século de ouro dos Países Baixos e pintura do Barroco ![]() |
Catálogo crítico | Johannes Vermeer catalog raisonné, 1908 (en) ![]() Q125454883 ![]() ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua neerlandesa ![]() |
Mecenas | Pieter van Ruijven (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Catharina Bolenes |
Pais | Reijnier Janszoon Vermeer (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
15 de decembro de 1675 | Funeral ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5e/Jan_Vermeer_-_The_Art_of_Painting_-_Google_Art_Project.jpg/640px-Jan_Vermeer_-_The_Art_of_Painting_-_Google_Art_Project.jpg)
Especializouse en escenas interiores cotiás da vida doméstica burguesa. Pasou toda a súa vida na cidade de Delft. En vida foi un moderadamente exitoso pintor de provincias. Non foi nunca especialmente rico, quizais debido ó escaso número de pinturas que producía, e á súa morte deixou débedas á súa esposa e once fillos. Practicamente esquecido durante dous séculos, en 1866 o crítico de arte Thoré Bürger publicou un ensaio atribuíndolle 66 pinturas (se ben só 34 delas sonlle actualmente atribuídas con seguridade). Desde entón a reputación de Vermeer creceu enormemente e actualmente está considerado como un dos maiores pintores da idade de ouro holandesa. É particularmente recoñecido pola súa mestría no uso e tratamento da luz.