Kunsthistorisches Museum
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal.
Museo de Historia da Arte de Viena | |
---|---|
Kunsthistorisches Museum na Praza de María Teresa | |
Coordenadas | |
País | Austria |
Cidade | Viena |
Director | Dr. Sabine Haag |
Inauguración | 1891 |
Na rede | |
https://www.khm.at/ e https://www.khm.at/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría. Os dous museos teñen exteriores idénticos e están un fronte ao outro a ámbolos dous lados da Praza de María Teresa. Ambos edificios foron erixidos entre 1872 e 1891 de acordo aos planos deseñados por Gottfried Semper e Karl Freiherr von Hasenauer.
Os dous museos da Ringstraße encargounos o emperador para encontrar un aloxamento adecuado para a magna colección de arte dos Habsburgo. A fachada do edificio é de pedra arenita. Ten planta rectangular, e acaba nunha cúpula de 60 metros de alto. Está coroado por unha estatua colosal de Palas Atenea. O interior do edificio está luxosamente decorado con mármore, decoracións de estuco, pan de ouro, e pinturas.