From Wikipedia, the free encyclopedia
Johannes Tinctoris (coñecido tamén como Jean Teinturier e como Jean de Vaerwere), nado na vila de Nivelles, na rexión valoa de Bélxica, cara a 1435 e finado no mesmo lugar en 1511, foi un crego compositor e teórico da música do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga. Tamén foron salientables as súas facetas como poeta, matemático, avogado e pintor.[1][2][3]
Nome orixinal | (fr) Jehan Le Teintenier (nl) Jean de Vaerwere |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1435 (Gregoriano) Braine-l'Alleud, Bélxica (pt) |
Morte | 1511 (75/76 anos) Nivelles, Bélxica (pt) |
Educación | Old University of Orléans (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, poeta, escritor, teórico da música, musicólogo, matemático |
Movemento | Música renacentista |
Profesores | Guillaume Dufai |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Riemann's Music Dictionary (en) |
Johannes Tinctoris naceu arredor do ano 1435 nunha localidade do concello de Nivelles, na provincia de Brabante. Sábese que se formou na Universidade de Orleáns, lugar onde tamén foi mestre de capela do coro. Crese que tamén puido ser director do coro de nenos cantores de Chartres.
Especulouse coa posibilidade de que Tinctoris estudase con Guillaume Dufai na catedral de Cambrai en 1460, xa que aí foi onde Dufai pasou a derradeira parte da súa vida. De non ser o seu mestre, polo menos deberon terse coñecido.
Tinctoris foi a Nápoles cara ao ano 1472. Nesa cidade serviu na corte da Coroa de Aragón, que reinaba naquelas terras a través de Fernando I de Nápoles. Pasou gran parte da súa vida en Italia.
Morreu en 1511 en Bélxica, de volta na súa vila natal.
A maior parte da música de Tinctoris perdeuse. Porén, a parte que sobreviviu amosa un amor pola polifonía complexa e suavemente fluída, así como un gusto polas tesituras excepcionalmente baixas, descendendo ocasionalmente na voz baixa ao dó dúas oitavas por baixo do dó medio (percíbense unhas interesantes semellanzas con Johannes ckeghem neste aspecto).
Como músico escribiu misas, motetes e algunhas cancións.[4]
Publicou un gran número de escritos sobre diversos temas musicais. Pódese dicir que non son totalmente orixinais, xa que gran parte do contido se toma prestado de escritores antigos, como Boecio, San Isidoro de Sevilla etc. En calquera caso, as obras de Tinctoris ofrécennos un rexistro enormemente detallado das prácticas, as técnicas e os procedementos empregados polos compositores da súa época.[5]
Cómpre salientar entre a súa produción teórica Diffinitorium musices, que é o primeiro dicionario de termos musicais. Ademais, destacan un libro sobre as características dos modos musicais, un tratado sobre proporcións e tres libros sobre o contrapunto, que son especialmente útiles para trazar o desenvolvemento da condución das voces e a harmonía no período de transición entre Guillaume Dufai e Josquin des Prés. Os escritos de Tinctoris tiveron influencia tanto en compositores como noutros teóricos musicais do resto do Renacemento.
Os seus escritos máis notables son os seguintes:[6]
Extraídas do seu terceiro libro sobre o contrapunto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.