compositor austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Strauss, nado en Viena o 25 de outubro de 1825 e finado o 3 de xuño de 1899, foi un compositor austríaco.
Foi fillo de Johann Strauss e irmán de Josef e Eduard, todos eles compositores tamén, aínda que non acadaron a sona de Johann "O rei do Valse"
Entre os valses máis famosos atópanse "O Danubio azul" (1867), "Contos dos bosques de Viena" (1868), "Rosas do sur" (1878) e "Voces de primavera" (1881). Entre 1871 e 1897 compuso 16 operetas pros teatros de Viena, entre as que destacan Die Fledermaus (O morcego, 1874) e Der Zigeunerbaron (O barón xitano, 1885).
Casou dúas veces. Austríaco e católico, para o seu segundo matrimonio mudou de relixión e nacionalidade e pasou a ser cidadán do ducado protestante alemán de Saxonia-Gotha-Coburgo.[1]
Morreu de pneumonía cando tiña 73 anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.