From Wikipedia, the free encyclopedia
O valse[2] (do galicismo valse, que á súa vez procede do xermanismo Walzer, que provén do verbo alemán wälzen, 'xirar, rodar') é un estilo de baile folclórico e de salón a ritmo lento.
Aínda que non existe acordo no tocante á súa orixe, pénsase que o valse naceu na zona austríaca do Tirol no século XII. Porén, tamén hai teorías que sitúan a súa orixe nunha danza do século XVIII chamada ländler que bailaban os labregos de Austria e do sur de Alemaña, e tamén nunha danza italiana chamada volte.
O valse acadou gran popularidade nos anos 1760 en Viena, estendéndose axiña por outros países.
É un baile de tempo ternario que se escribe normalmente en compás de 3/4 e que se baila en parella. No primeiro pulso de cada compás ábrese diagonalmente unha perna, no segundo a outra xúntase facendo que os pés se unan de novo, e no terceiro pulso faise un pequeno paso sen desprazamento co primeiro pé. Despois repítese o mesmo comezo co outro pé. Son famosos os valses vieneses da familia dos Strauss, como os de Johann Strauss.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.