From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Friedrich von Eschscholtz (en ruso, Иоганн Фридрих фон Эшшольц), nado o 1 de novembro de 1793 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso (hoxe Tartu, Estonia), e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1831, foi un médico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade ruso (da minoría étnica dos alemáns do Báltico).
Nome orixinal | Johann Friedrich Gustav von Eschscholtz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de novembro de 1793 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso (Hoxe Tartu, Estonia) |
Morte | 19 de maio de 1831 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso |
Causa da morte | Tifo |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | rusa (Alemáns do Báltico) |
Formación profesional | Medicina |
Educación | Universidade Imperial de Dorpat |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | Médico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade |
Empregador | Universidade Imperial de Dorpat |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Eschsch. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Eschscholtz |
Arquivos en |
|
Premios | |
Membro da Leopoldina Membro da Academia prusiana das Ciencias | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Russian Biographical Dictionary (en) Yuzhakov Big Encyclopedia (en) |
Eschscholtz estudou Medicina na Universidade Imperial de Dorpat (hoxe Universidade de Tartu), e comezou a súa carreira principal alí: foi profesor extraordinario de Anatomía (1819), director de Zooloxía (1822) e profesor titular de Anatomía (1828).
Entre 1815 e 1818 foi o médico e naturalista na nave rusa expedicionaria Rurick, baixo as ordes de Otto von Kotzebue. Recolectou especies en Brasil, Chile, California, nas illas do Pacífico, e no estreito de Bering, Kamchatka e nas illas Aleutianas.
O outro naturalista a bordo era o botánico Adelbert von Chamisso, que coleccionou con Eschscholtz os espécimes de insectos durante a viaxe. Os dous eran amigos íntimos, e Chamisso denominou a papoula de California co nomee científico de Eschscholzia californica no seu honor. Os resultados da viaxe publicáronse na revista de Berlín Entomographien en 1822.
De 1823 a 1826 Eschscholtz fixo unha segunda viaxe, na nave Predpriaetie, de novo con Kotzebue como comandante. As coleccións máis grandes, principalmente de coleópteros, recolectáronse nos trópicos e en Alasca, Sitka e California.
Antes da súa temperá morte Eschscholtz visitou o especialista francés en coleópteros Pierre François Marie Auguste Dejean. Eschscholtz describiu coleópteros que el coleccionara usando a colección de Dejean para decidir que era novo. Os nomes binomiais que el lles deu, a as súas descricións, foron publicadas por Dejean despois da morte de Eschscholtz. Dejean atribuínos a Eschscholtz, pero as regras da nomenclatura binominal máis tarde o excluíron.
Eschscholtz foi un dos primeiros e máis importantes científicos na exploración do Pacífico, Alasca e California. Entre as súas publicacións destacan System der Akalephen (1829) e o Zoologischer Atlas (1829-1833).
En 1821, von Eschscholtz foi elixido membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.[1]
Eschscholtz foi o primeiro naturalista en describir o verme landra (Balanoglossus), que encontrou nas illas Marshall en 1825.
As súas coleccións de insectos están no Museo Zoolóxico de Moscova, e nos Museos de Dorpat (Tartu) e Helsinqui.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.