![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/41/Joaquin_Sabina.jpg/640px-Joaquin_Sabina.jpg&w=640&q=50)
Joaquín Sabina
músico español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2014.) |
Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos. Os álbums en directo son gravacións de actuacións nas que interveu en solitario ou con outros artistas: La Mandrágora (1981), xunto a Javier Krahe e Alberto Pérez; Joaquín Sabina y Viceversa en directo (1986), xunto á banda Viceversa; Nos sobran los motivos (2000); e Dos pájaros de un tiro (2007), xunto a Joan Manuel Serrat. Na súa faceta literaria publicou nove libros de letras de cancións e poemas publicados no semanario Interviú.
No ano de 2001 sufriu un leve infarto cerebral que puxo en risco a súa vida. Recuperouse poucas semanas máis tarde sen sufrir secuelas físicas. Porén, o incidente influíu na súa forma de pensar e viuse inmerso nunha depresión que provocou que abandonara os escenarios un tempo. Logo de superala, publicou Dímelo en la calle (2002), ao que seguirían Alivio de luto (2005). O 17 de novembro do 2009 publicou Vinagre y rosas, o que polo momento é o seu último álbum en solitario, que pechou o mesmo mes de novembro con máis de 200.000 copias vendidas e conseguindo tres discos de platino. No 2011 publica La orquesta del Titanic, xunto con Joan Manuel Serrat, onde amosa un estilo máis tranquilo, en contraste con épocas anteriores.