From Wikipedia, the free encyclopedia
Javier Krahe de Salas, coñecido como Javier Krahe, nado en Madrid o 30 de marzo de 1944 e finado en Zahara de los Atunes o 12 de xullo de 2015,[1] foi un cantautor e poeta español. O seu estilo caracterizábase polas letras satíricas e un uso habitual da rima consoante. Gravou 15 discos e foi cofundador do selo discográfico independente 18 Chulos. Durante unha etapa actuou canda o tamén cantautor Joaquín Sabina.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Javier Krahe Salas 30 de marzo de 1944 Madrid, España |
Morte | 12 de xullo de 2015 (71 anos) Zahara de los Atunes, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | cantautor |
Período de actividade | 1980 - 2015 |
Xénero artístico | Música tradicional e Nueva canción |
Instrumento | Voz, mirlitão (pt) e Harmónica |
Selo discográfico | CBS (1980–1985) Hispavox (1987–1988) Discos Lollipop (1988–1997) 18 Chulos (en) (1999–) |
Páxina web | javierkrahe.com |
Nado en Madrid o 30 de marzo de 1944,[2] estudou no Colegio del Pilar. Iniciou estudos de Ciencias empresariais, pero deixounos para dedicarse ao cine como axudante de dirección.
Logo de facer o servizo militar, coñece ao amor da súa vida en París, a canadense Annick, coa que parte ao Canadá, onde empeza a súa carreira como letrista, inspirado polo exemplo de Georges Brassens e Leonard Cohen. O seu irmán Jorge ocúpase de musicar os textos. Compón algunhas cancións que interpreta, entre outros, Rosa León.
Xa en España, Chicho Sánchez Ferlosio anímao a actuar en locais como "La Aurora", onde coñece a Joaquín Sabina e Alberto Pérez. Como trío gravan o disco La mandrágora (1981), que toma o seu nome dun dos locais onde adoitaban actuar neses días. Tamén actúa en TVE no programa Si yo fuera presidente.
Faleceu dun infarto de miocardio en Zahara de los Atunes, provincia de Cádiz,[2][3] o 12 de xullo de 2015.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.