escritor Catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Maragall i Gorina, nado en Barcelona en 1860 e finado en 1911, foi un escritor catalán.
(1903) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1860 Barcelona, España |
Morte | 20 de decembro de 1911 (51 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Cementiri de Sant Gervasi (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, tradutor, xornalista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Movemento | Modernismo catalán |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Clara Noble i Malvido |
Fillos | Helena Maragall Noble, Maria Maragall i Noble, Eulàlia Maragall i Noble, Anna Maragall i Noble, Clara Maragall i Noble, Josep Maragall i Noble, Joan-Anton Maragall i Noble, Ernest Maragall i Noble, Guillem Maragall i Noble, Elvira Maragall i Noble, Raimon Maragall i Noble, Gabriel Maragall i Noble, Jordi Maragall i Noble |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Maragall (Juan), p.251) Obálky knih, |
Nado no seo da burguesía catalá, logo de rematar o bacharelato vai facer dúas viaxes, unha ao sur de España e outra a Francia que van ser claves para a súa visión do mundo. Enfrontado ao seu pai que quería que seguise a tradición familiar e entrase no negocio familiar, ao que Maragall se negaba para dedicarse á estudar, o que consegue en 1879 cando comeza os estudos de dereito na Universidade de Barcelona. Ao tempo que dedica horas á lectura de libros en catalán e castelán, e apaixonase coa obra de Goethe. En 1881 participa nos seus primeiros Jocs Florals con Dins sa cambra, que consegue un dos premios. En 1890 pasa a formar parte da redacción do Diario de Barcelona e ao ano seguinte casa con Clara Noble. En 1895 publica un dos seus poemas máis populares La vaca cega no libro Poesies e neses anos colabora con La Renaixença e La Veu de Catalunya. El Cant de la Senyera composto como himno do Orfeó Catalá en 1896. En 1900 aparece a primeira parte de El comte Arnau (a segunda aparecerá en 1906 e a terceira en 1911). En Visions e Cants (1900) aparece a Oda a l'Espanya. En 1904 foi proclamado mestre do Gai Saber, por gañar tres premios nos Jocs Florals.
Foi membro fundador da Secció Filològica de l'Institut d'Estudis Catalans. A temática na obra de Maragall é das máis amplas da literatura do século XIX catalá, están presentes o amor, a natureza, o canto á terra e á súa cidade, as lendas, os elementos espirituais.
En 1903 visitou a cidade da Coruña e quedou engaiolado de Galicia que xa coñecía polas súas lecturas de Manuel Curros Enríquez. Tamén coñecía as teorías rexionalistas de Alfredo Brañas. Pero non foi ata 1929 que se traduciu o primeiro poema do poeta ao galego, o Himno da arbre froital. Ademais realizáronse tres traducións ó galego do coñecido poema La vaca cega[1]: a primeira tradución é obra de Xosé Iglesias Roura, publicada por vez primeira o 10 de xuño de 1917 n'A Nosa Terra; a segunda, obra de Xesús Alonso Montero publicada o 16 de xuño de 1972; e a derradeira tradución foi a cargo de Manuel Casado Nieto, publicada o 7 de agosto de 1981 no Faro de Vigo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.