Jeanine Áñez
dictadora boliviana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jeanine Áñez Chávez, nada en San Joaquín, Beni, 13 de xuño de 1967, é unha avogada, presentadora de televisión e política boliviana, que ocupou o cargo de presidenta de Bolivia de forma interina entre 2019 e 2020, tras a renuncia de Evo Morales.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jeanine Áñez Chávez 13 de xuño de 1967 (56 anos) San Joaquín, Bolivia |
Presidente de Bolivia | |
12 de novembro de 2019 – 8 de novembro de 2020 ← Evo Morales – Luis Arce → | |
Senadora da Bolívia (pt) | |
22 de outubro de 2010 – 12 de novembro de 2019 | |
Datos persoais | |
Residencia | Palacio Quemado (pt) (2019–2020) |
País de nacionalidade | Bolivia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Autónoma del Beni José Ballivián |
Actividade | |
Campo de traballo | Político |
Ocupación | Política |
Partido político | Plan Progress for Bolivia – National Convergence (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Imputación | Crime de conspiração (pt) , Sedición, terrorismo, Xenocidio e matar |
Antes de asumir a presidencia boliviana, Jeanine Áñez ocupou o cargo de vicepresidenta segunda da Cámara de Senadores de Bolivia. A súa ascensión ao cargo foi formalmente lexitimada polo Tribunal Constitucional Plurinacional horas máis tarde o mesmo día, que declarou que asumira legalmente o cargo "ipso facto", de acordo co precedente establecido pola Declaración Constitucional 0003/01 do 31 de xullo de 2001.[2][3] Foi a segunda muller da historia de Bolivia en alcanzar a posición de presidenta despois de 40 anos, logo de Lidia Gueiler Tejada (1979-1980).[4][5][6]
O 24 de xaneiro de 2020 anunciou a súa candidatura para as eleccións xerais de 2020 pola coalición "Juntos".[7]