![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Jean_Giraudoux_1927.jpg/640px-Jean_Giraudoux_1927.jpg&w=640&q=50)
Jean Giraudoux
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hippolyte Jean Giraudoux, nado en Bellac o 29 de outubro de 1882 e finado en París o 31 de xaneiro de 1944,[1] foi un escritor e diplomático francés. Estudante brillante e soldado condecorado durante a Primeira guerra mundial, desenvolveu funcións diplomáticas e administrativas paralelamente á publicación de novelas (Suzanne et le Pacifique, en 1921, Siegfried et le Limousin, en 1922). Posteriormente virou cara ao teatro, logo do seu encontro co actor Louis Jouvet, quen fará a posta en escena e a interpretación das súas obras máis salientables.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Hippolyte Jean Giraudoux ![]() 29 de outubro de 1882 ![]() Bellac, Francia ![]() |
Morte | 31 de xaneiro de 1944 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Grave of Giraudoux (en) ![]() cemiterio de Passy, 9 ![]() |
Inspector general of Diplomatics and Consulars (en) ![]() | |
1934 – 1941 – Yves Méric de Bellefon (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Educación | École Normale Supérieure Lycée Lakanal (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, literatura francesa (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | dramaturgo , novelista , ensaísta , diplomático , guionista , escritor ![]() |
Empregador | Le Figaro (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Fillos | Jean-Pierre Giraudoux (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hoxe coñécese a Giraudoux sobre todo polo seu teatro, xénero no que conta con pezas tan célebres como Amphitryon 38 (1928), La guerre de Troie n'aura pas lieu (1935), Électre (1937), Ondine (1939) ou mesmo La Folle de Chaillot, levada á escena en 1945, tras a súa morte. Jean Giraudoux participou, con outros dramaturgos dos anos 1930-1940 (Cocteau, Anouilh, Sartre ou Camus, por exemplo) na reescritura dos mitos antigos desde a perspectiva dunha mentalidade moderna. Soubo aliar a fantasía poética e o gusto polas imaxes insólitas, e asemade asociar o tráxico e o livián nunha lingua elegante e fina, ás veces mesmo poética, como en Intermezzo ou en Ondine.