cantautor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jason Mraz, nado o 23 de xuño de 1977, é un cantautor estadounidense de Mechanicsville (Virxinia).
Está influenciado polo reggae, pop, rock, folk, jazz, e hip hop. Tocou con grandes artistas como Dave Matthews Band, James Blunt, Gavin DeGraw, Paula Cole, John Popper, Alanis Morissette, Ohio Players, Rachael Yamagata, James Morrison, Lisa Hannigan, John Mayer, Jewel e Colbie Caillat, entre outros.
Jason Mraz é graduado da secundaria Lee-Davis High School da súa cidade natal. Logo de estudar teatro musical na American Musical and Dramatic Academy de Floresta, múdase a San Diego, onde tocará co percusionista Toca Rivera e o guitarrista Carlos Olmeda na desaparecida cafetería Java Joe's.
Un ano máis tarde, Mraz asinou coa disquera Elektra Records, e regresou a Virxinia a traballar co produtor John Alagía no seu álbum debut Waiting for My Rocket to Come (Agardando a que veña meu cohete), que obtivo Disco de Platino da RIAA. O seu primeiro sinxelo foi "The Remedy (I Won't Worry)".
En xuño e xulio do 2005 abriu os concertos de Alanis Morissette durante o seu tour Jagged Little Pill Acoustic Tour.
O 26 de xulio del 2005 presentou o seu segundo álbum de estudio "Mr. A-Z" con Atlantic Records. Entrou na Billboard 200 Album Chart no número 5. En decembro recibiu un Grammy polo Best Engineered Album. En novembro abriu 5 datas dos Rolling Stones e en marzo de 2006 tocou no seu primeiro concerto con boletos esgotados en Singapur co cantante Toca no Mosaic Music Festival.
Jason Mraz empezou o 2007 debutando o seu novo sinxelo "The Beauty in Ugly" na serie Americana Ugly Betty que tamén formou parte da campaña "Be Ugly in '07" da cadea ABC. De aí lanzou unha nova edición de "The Beauty in Ugly" en español titulada "La Nueva Belleza".
Meses despois, o concursante de American Idol Chris Richardson interpretou o sinxelo de Mraz "Geek in the Pink", dándolle máis popularidade ao cantante e colocándoo no #22 na clasificación estadounidense da tenda de música iTunes.
Ano | Título | Posicións | Álbum | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
US Hot 100 | US Pop 100 | US Adult | US Top 40 | US Digital | CAN Hot 100 | UK | GER | NOR | NET | ITA | SWE | AUS | NZ | DIN | AUT | IRL | SUI | |||
2003 | "The Remedy (I Won't Worry)" | 15 | – | 4 | 7 | – | – | 79 | – | – | 12 | – | – | 63 | 32 | – | – | – | – | Waiting for My Rocket to Come |
2004 | "Curbside Prophet" | – | – | 23 | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | |
"You and I Both" | 110 | – | 15 | 35 | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | ||
2005 | "Wordplay" | 81 | 59 | 17 | – | 44 | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | Mr. A-Z |
"Geek in the Pink" | – | 90 | 32 | 36 | 45 | – | 128 | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | ||
2008 | "I'm Yours" | 6 | 5 | 1 | 4 | 3 | 11 | 8 | 1 | 4 | 4 | 1 | 3 | 1 | 2 | 9 | 2 | 16 | 6 | We Sing. We Dance. We Steal Things |
"Make It Mine" | – | – | 34 | – | – | – | – | 100 | – | – | – | 24 | – | – | – | – | – | – | ||
"Lucky (feat. Colbie Caillat)" | 66 | 51 | – | – | 33 | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – | – |
Ano | Premio |
---|---|
2002 | San Diego Music Awards - Mellor Acústico (Ganado) |
2003 | San Diego Music Awards - Artista do Ano (Ganado) |
2003 | San Diego Music Awards - Canción do Ano (Ganado) |
2003 | San Diego Music Awards - Artista do Ano (Ganado) |
2005 | Premios Grammy - Mellor Álbum Dirixido, No Clásico (Para Mr. A-Z) (Nomeado) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.