Jana Novotná
tenista profesional checa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jana Novotná, nada en Brno o 2 de outubro de 1968 e finada en Omice o 19 de novembro de 2017, foi unha tenista checa. Xogaba a servizo e volea, un estilo de xogo raro entre as mulleres durante a súa carreira.[1][2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Gañou o campionato individual de Wimbledon en 1998 e foi finalista no Grand Slam noutras tres ocasións. Ademais gañou doce torneos de dobres femininos do Grand Slam, catro de dobres mixtos e tres medallas olímpicas. Chegou ao número 2 da clasificación individual en 1997 e mantivo o número 1 da clasificación de dobres durante 67 semanas non consecutivas.[3]