From Wikipedia, the free encyclopedia
Ivan Miguel Conti Maranhão, nado en Rio de Janeiro o 16 de agosto de 1946 e finado na súa cidade natal o 17 de abril de 2023, máis coñecdio como "Mamão", foi un músico destacado da escena jazz-funk brasileira. Baterista, percusionista e vocalista do trío Azymuth, grupo de "samba doido" formado en 1973. Os membros orixinais da banda foron o tamén finado José Roberto Bertrami (teclados), Alex Malheiros (baixo, guitarras) e Ivan Conti (batería, percusión).[1]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1946 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 17 de abril de 2023 (76 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | batería |
Membro de | |
Xénero artístico | Pilantragem (pt) |
Conti comezou co grupo Os Dissonantes, a principios dos sesenta. Posteriormente formou parte do grupo de rock The Youngsters, a finais dos sesenta. Como músico de estudo, participou na gravación da banda sonora do filme “O Fabuloso Fittipaldi”, de Marcos Valle. Coñeceu ao teclista Roberto Bertrami e ao baixista Alex Malheiros, cos que formaría o trío Azymuth, que debutou en 1975 cun traballo homónimo. Unha das contribución do batería ao estilo fusión de Azymuth foi a de levar as batidas do ritmo brasileiro á estrutura harmónica jazzística[2]. Rexistrou colaboracións con outros músicos como Chico Buarque, Vinícius de Moraes, Toquinho, Edu Lobo, Roberto Carlos, Erasmo Carlos, Jorge Benjor, The Ipanemas, Elis Regina, Milton Nascimento, Os Cariocas, Stanley Jordan, Gal Costa, Clara Nunes ou Maria Bethânia. Incluso formou parte de diversas orquestras como a de Paul Mauriat, a Banda Veneno de Erlon Chaves, a Orquestra da Rádio Nacional do Rio de Janeiro, a Orquestra da TV Tupi ou a Orquestra do Maestro Gaia. Foi produtor de proxectos do Grupo Batuque, Wilson das Neves e Jürgen Sifelder.
Grabou varios discos co seu nome destacando “Pulsar” de 1999. En 2008, Conti e o músico de hip hop Madlib lanzaron un álbum como «Jackson-Conti» titulado “Sujinho”.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.