Luis Alberto Rodríguez Legido, nado en Castromonte (provincia de Valladolid) o 23 de xuño de 1975, é un músico, investigador sonoro e profesor de batería español. Dá clases de expresión rítmica e improvisación na Escola-Estudio de Música, en Santiago de Compostela.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1975 (49 anos) Castromonte, España (pt) |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Xénero artístico | Música experimental, Jazz e free improvisation (en) |
Instrumento | Batería |
Páxina web | soundcloud.com… |
Traxectoria
Durante a década de 1990 formouse en Madrid no Taller de Músicos e no CEDI, onde realizou estudos sobre análise do son, fisioloxía do oído, orixe da linguaxe, arte e ciencia do século XX e teoría da improvisación con profesores e artistas como Pedro López, Markus Breuss, Belma Muñor e Wade Matthews.
En 1998 instalouse en Santiago de Compostela a raíz dunha oferta estábel como profesor titular da Estudio-Escola de Música. Ese ano recibiu unha bolsa da Berkelee College of Music de Boston para facer o curso de World Percussion e foi selecionado para o X Jazz Meeting organizado pola International Association of Schools of Jazz.
Traballou con diversas formacións como ADN, S.E.M Big Band, Abe Rábade Trío ou Xosé Manuel Budiño, realizando numerosos concertos en diversos festivais estatais e europeos. Traballou como batería para a artista galega Mercedes Peón realizando concertos tanto a nivel nacional como internacional.
En 1999 forma o grupo de improvisación libre Parto.
Participa en diferentes iniciativas artísticas: traballa a improvisación idiomática co trío de jazz Sumrrá, co que ten editado dous traballos discográficos; e colabora con formacións como Marful, co grupo flamenco do guitarrista Marcos Teira, o grupo de improvisación e jazz 2M xunto ao saxofón alto Pablo Sax, ecomo membro de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia).[2]
É o inventor, canda o baterista Patxi Valera, do Aquofono, un sistema sonoro de percusión electrónica por goteo creado en 2002.[3]
No cinema galego
L.A.R. Legido é o protagonista da cuarta fuga de 9 fugas (2009), de Fon Cortizo, e participou no filme A Pedra do Lobo (2010), de Alberte Pagán, xunto a Pablo Sax (baixo o nome de 2M10).[4] A música de Aquofono de Legido e Valera forma parte da banda sonora de Mougás (2009), de David Castro.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.