From Wikipedia, the free encyclopedia
Isaak Emmanuilovich Babel, en ruso Исаак Бабель, nado en Odesa en 1894 e finado en 1940, foi un xornalista e escritor ruso.
Nado no seo dunha familia xudía, sobreviviu ao pogrom de 1905 grazas á axuda dos seus veciños cristiáns que agocharon a súa familia. Malia iso o seu avó foi un dos 300 xudeus mortos.
Debido á influencia dos seus profesores de francés, Babel descubriu a Flaubert e Guy de Maupassant e mesmo escribiu os seus primeiros relatos en francés. En 1915 trasladouse a San Petersburgo onde coñece a Gorki, quen lle publica algúns dos seus relatos na revista literaria Летопись (Letopis), aínda que os censores consideraron pornográfica unha das súas historias, polo que o acusaron de violar o artigo 1001 do código penal.
En 1920, durante a guerra civil rusa, foi asignado como xornalista ao exército de Semyon Budyonny, e foi testemuña da fracasada campaña por levar o comunismo fóra de Rusia: o Exército Vermello chegou até Varsovia, pero axiña tivo que se retirar. Esta experiencia está na base de Cabalería vermella (1924), a descrición das brutalidades da guerra, lonxe do romanticismo revolucionario, e que o levou a enfrontarse con sectores do Partido Comunista. De volta a Odesa escribe historias onde describe a vida do gueto xudeu da cidade, antes e despois da revolución. En 1930 Babel percorre Ucraína, onde queda impresionado pola brutalidade da colectivización.
En 1939 as autoridades soviéticas detéñeno acusado de espionaxe, e o 27 de xaneiro de 1940 foi axustizado na prisión de Butyrka.
Logo da morte de Stalin, Babel foi exonerado de todos os cargos contra el.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Isaak Babel |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.