Invasións da Britania por Xulio César
From Wikipedia, the free encyclopedia
As invasións da Britania por César son dúas campañas bélicas dirixidas polo xeneral da República Romana Xulio César contra o sur da illa de Gran Bretaña coñecida como Britania polos romanos. Durante a Guerra das Galias, César invadiu a illa en dúas ocasións: en 55 e 54 a. C.[1] A primeira invasión tivo lugar en verán e descoñécese se foi planeada como unha invasión a grande escala (se así fora, foi un fracaso, xa que Roma só puido conquistar a praia de Kent e pouco máis), ou como unha misión de recoñecemento. A segunda tivo máis éxito, e César logrou restaurar no trono dos trinovantes o seu aliado Mandubracio, depoñendo o seu rival Casivelauno. Aínda que César non logrou conquistar territorios para a república, o éxito da campaña radica en que Roma contou cos seus primeiros aliados na illa e impuxo os primeiros tributos entre as tribos de Britania.
- Non confundir coa invasión romana da Britania.
Invasións de Britania por César | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a Guerra das Galias | |||||||
Reconstrución da primeira invasión. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
República Romana e os seus aliados en Britania | Coalición anti-romana | ||||||
Líderes | |||||||
Caio Xulio César, Comio, Caio Trebonio, Mandubracio |
Casivelono, Cinxetorix, Segovax, Carvilio, Taximágulo | ||||||
Forzas en combate | |||||||
5 lexións aprox. 35.000 lexionarios veteranos cerca de 2.000 xinetes pequena frota composta por transportes |
Un número descoñecido de infantaría, cabalaría e uns 4.000 carros de guerra |