Guerra das Galias
From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra das Galias foi un conflito militar librado entre o procónsul romano Xulio César e as tribos galas entre o ano -58 e -51. No curso destas, a República romana someteu á Galia, extenso país que abranguía dende o Mediterráneo ata a Canle da Mancha. Os romanos tamén realizaron incursións a Britania e Xermania, pero estas expedicións non chegaron a transformarse en invasións en grande escala. A Guerra das Galias culminou na Batalla de Alesia en -52, onde os romanos puxeron fin á resistencia organizada dos galos. Esta decisiva vitoria romana supuxo a expansión da República romana sobre todo o territorio galo. As tropas empregadas durante esta campaña conformaron o exército co que o xeneral marchou sobre a capital da República.
Guerra das Galias | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vercinxetórix guinda as súas armas ós pés de Xulio César por Lionel Noel Royer (1899). | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
República romana | Galos: Arvernos Atrebates Atuátucos Biturixes Cáletes Eburóns Helvecios Menapios Mórinos Nervios Sociates Suesones Vénetos Veriocases Viromanduos outros Xermanos: Suevos Bretóns | ||||||||||
Líderes | |||||||||||
Caio Xulio César Tito Acio Labieno Publio Licinio Craso Quinto Titurio Sabino† Quinto Tulio Cicerón Lucio Aurunculeio Cota† Décimo Xuño Bruto Gaio Fabio Gaio Caninio Rébilo Marco Antonio Marco Licinio Craso Servio Sulpicio Galba Gaio Volcacio Tulo |
Vercinxetórix Ambiórix Comio Ariovisto Divicón Casivelauno Dúmnorix† Vercasivelauno Galba Boduognato | ||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||
Estímase que uns 120.000 (lexionarios e auxiliares) | Estímase que varios centos de miles, ata millóns | ||||||||||
Baixas | |||||||||||
Estimase que decenas de miles (30.000 segundo algunhas fontes) | Segundo César, 1 millón de mortos Segundo Plutarco de 1,5 a 3 millóns de mortos 1 millón de escravizados |
Pese a que César xustificou esta invasión como unha acción defensiva preventiva, a maioría dos historiadores coinciden en que o principal motivo da campaña foi potenciar a carreira política do xeneral e cancelar as súas grandes débedas. Porén, ninguén pode obviar a importancia militar deste territorio para os romanos, que tiñan sufrido varios ataques por parte de tribos bárbaras que chegaron tanto da Galia como do norte francés. A conquista destes territorios permitiu a Roma asegurar a fronteira natural do río Rin.
Esta campaña militar é descrita extensamente polo propio Xulio César na súa obra De bello Gallico (traducida ó galego no 2019 por Alfonso Blanco Quintela baixo o título A guerra da Galia, fonte histórica de maior importancia sobre esta campaña e obra máis importante do xeneral. O libro é tamén unha obra mestra de propaganda política, xa que César estaba sumamente interesado en influír ós seus lectores en Roma.