Inscrición de Behistún
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A inscrición de Behistún (tamén escrito Bisotun, Bistun o Bisutun; persa: بیستون; ou en persa antigo: Bagastana, que significa "o lugar de Deus") é unha inscrición realizada no reinado de Darío I. Para a escrita cuneiforme o que a Pedra Rosetta é para os xeróglifos: o documento máis importante no desciframento dunha lingua até entón esquecida. [1]
(fa) سنگنبشته بیستون | ||||
Tipo | inscrición baixorrelevo rock relief (en) Überrest (en) ben cultural | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Monte Behistun (pt) | |||
Parte de | Behistun (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Monte Behistun (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Harsin County, Irán (en) | |||
Localización | Bisutun (pt) | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Material usado | Calcaria | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural | |||
Data | 2006 (30ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iii) | |||
Patrimonio Nacional de Irán | ||||
Data | 6 de xaneiro de 1932 | |||
Identificador | 70 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século VI a. C. | |||
Localízase na actual provincia de Kermanshah, no Irán, e forma parte dun gran complexo arqueolóxico (máis de 187.000 hectáreas) a carón dunha antiga ruta comercial que unía Mesopotamia coa meseta irania e que, en 2006, foi designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[2]
A parte máis relevante do complexo arqueolóxico é o baixorrelevo no que aparece Darío I no seu camiño cara ó poder. Debaixo do baixorrelevo, hai un texto, en escrita cuneiforme, con versións en tres linguas diferentes: elamita, persa antigo e babilonio. Neles, nárranse diferentes lendas e as loitas que tivo que levar a cabo Darío contra os sátrapas que se revoltaron cando accedeu ao poder.
Un oficial do exército británico, Sir Henry Rawlinson, transcribiu a inscrición en dúas veces, en 1835 e 1843. Rawlinson foi capaz de traducir o texto cuneiforme en Persa antigo en 1838, e os textos en elamita e babilonio foron traducidos polo mesmo Rawlinson e outros despois de 1843. O babilonio foi unha antiga forma de Acadiano: ambas son linguas semíticas.
O texto da inscrición é unha declaración de Darío I, escrita tres veces en tres alfabetos e linguas diferentes: dúas linguas lado a lado, persa antigo e elamita, e babilonio enriba delas. Darío gobernou o imperio persa de 521 a 486 a.C.. Por volta de 515 a.C., el mandou facer unha inscrición coa longa historia da súa ascensión ao poder diante do usurpador Smerdis da Persia (e sobre as súas guerras subsecuentes e supresións de rebelión) a ser inscrita nunha falesia preto da actual cidade de Bisistun, aos pés das montañas Zagros, no Irán, exactamente a onde se chega vindo das planicies de Kermanshah.[1]
A inscrición ten aproximadamente 15 m de altura por 25 m de largura, e fica a 100 m de altura nun acantilado á beira dunha antiga estrada ligando as capitais da Babilonia e do imperio dos Medas (Babilonia e Ecbatana, respectivamente).[1] É practicamente inaccesíbel, pois a parte lateral da montaña foi removida a fin de tornar a inscrición máis visíbel despois da súa finalización. O texto en persa antigo contén 414 liñas en cinco columnas; o texto en elamita inclúe 593 liñas en oito columnas e o texto babilonio está disposto en 112 liñas.
A inscrición ilustrouse cun baixorrelevo de Darío en tamaño real, dous servos e 10 figuras de 1 metro representando os pobos conquistados; o deus Ahura Mazda flutúa sobre a ilustración, abenzoando o rei. Unha figura parece ter sido acrecentada despois das outras teren sido completadas, así como (curiosamente) a barba de Darío, constituída dun bloque de pedra independente fixado con ferro e chumbo.
A primeira mención histórica coñecida da inscrición foi feita polo grego Ctesias de Cnidos, que notou a súa existencia por volta de 400 a.C.. Tamén Publio Cornelio Tácito a menciona, incluíndo unha descrición dos monumentos auxiliares da base do acantilado, onde se encontra unha fonte. O que resta delas está de acordo coa súa descrición. Diodoro tamén escribe sobre "Bagistanon" e afirma que fora inscrito pola raíña Semíramis da Babilonia.[1]
Despois da caída do imperio persa e dos seus sucesores, e o desaparecemento da escrita cuneiforme, o significado da inscrición foi esquecido e interpretacións e orixes fantasiosas tornáronse a norma. Durante séculos, en vez de ser atribuída a Darío —un dos primeiros reis persas— considerouse ser do reino de Khosrau II da Persia (ou Cosroes) —un dos últimos (590 - 628). Unha lenda xurdiu afirmando que fora creada por Farhad, un amante da muller de Khosrau, Shirin. Exiliado pola súa transgresión, Farhad recibe a misión de escavar a montaña para encontrar auga; se tivese éxito, recibiría o permiso de casar con Shirin. Despois de varios anos e da escavación de metade da montaña, el acaba por encontrar auga, mais Khosrau dille que Shirin xa morrera. El fica louco e tírase do cantil. Shirin non morrera, naturalmente, e enforcouse ao saber da morte de Farhad.
Foi soamente en 1598, cando o británico Robert Sherley avistou a inscrición durante unha misión diplomática na Persia por conta da Austria, que a inscrición retivo a atención dos estudosos europeos. Sherley chegou á conclusión de que se trataba dunha imaxe representando a ascensión de Xesucristo. Falsas interpretacións bíblicas pola parte dos europeos foron comúns durante os dous séculos seguintes, incluíndo a idea de que se tratase de Cristo e os seus apóstolos, ou as tribos de Israel e Shalmaneser da Asiria.
En 1835, Sir Henry Rawlinson, un oficial do exército británico adestrando o exército do Xá do Irán, comezou a estudar seriamente a inscrición. Como o nome da cidade de Bisistún estaba anglicizado para "Behistun" na época, o monumento pasou a ser coñecido como a "Inscrición de Behistún". A pesar do seu difícil acceso, Rawlinson foi capaz de escalar o cantil e copiar a inscrición en persa antigo. O texto elamita estaba do outro lado dun abismo, e o babilonio 4 metros enriba; ambas eran de difícil acceso, e deixáronse para máis tarde.
En posesión do texto persa, e con aproximadamente un terzo do silabario fornecido polo especialista alemán Georg Friedrich Grotefend, Rawlinson comezou a traballar no desciframento do texto. Por sorte, a primeira sección do texto contiña unha lista dos reis persas idéntica a aquela mencionada por Herodoto, e comparando os nomes e os caracteres, en 1838 Rawlinson foi capaz de descifrar os caracteres cuneiformes usados no persa antigo.
Despois deste éxito, viñeron os dous textos restantes. Despois dun período de servizo no Afganistán, Rawlinson retornou ao traballo en 1843. Utilizando táboas de madeira, conseguiu atravesar o espazo que separaba o texto en persa antigo e o elamita, e copiouno. El conseguiu, entón, encontrar un rapaz suficientemente áxil para escalar o cantil por unha fenda e instalar cordas á altura do texto en babilonio, de modo que o puido copiar en papel maché.
Rawlinson púxose novamente ao traballo e traduciu a escrita e a lingua babilonia independentemente de Edward Hincks, Julius Oppert e William Henry Fox Talbot, que tamén contribuíran no desciframento; Edwin Norris e outros foron os primeiros en facer o mesmo para o elamita. Sendo tres das linguas primarias da Mesopotamia, e tres variacións da escrita cuneiforme, estas decifracións foron unha das chaves para colocar a Asirioloxía na era moderna.
Pénsase que Darío colocou a inscrición naquela posición inaccesíbel para tornala infalsificábel. A lexibilidade era secundaria (o texto é completamente ilexíbel desde o solo) diante deste imperativo. Mais o rei persa non contou coa fonte no pé do cantil, o que trouxo tráfego humano crecente á área. Iso causou unha destrución considerábel dalgunhas figuras. O monumento tamén sufriu danos durante a segunda guerra mundial, cando os soldados o usaban na práctica do tiro.
Aínda que semella complicado ter unha lista exhaustiva de satrapías, por mor dos numerosos cambios habidos, a inscrición menciona as seguintes nos primeiros momentos do reinado de Darío:[3]
Posteriormente, foron engadidas outras: Putiya (Libia), Kusiya (Nubia) e, trala campaña de Darío contra os escitas, Skudra (Tracia).
O sitio ocupa unha extensión de 116 hectáreas. Os restos arqueolóxicos mostran que esta rexión era un refuxio humano hai 40 000 anos. Existen outros 18 monumentos históricos ademais da inscrición de Darío o Grande no complexo de Behistón no rexistro nacional de sitios históricos de Irán. Estes inclúen:
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.