![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/44/Myo-Inositol_1%252C3%252C4%252C5%252C6-pentakisphosphate.png/640px-Myo-Inositol_1%252C3%252C4%252C5%252C6-pentakisphosphate.png&w=640&q=50)
Inositol pentaquisfosfato
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O inositol pentaquisfosfato[2][3] (ou inositol pentafosfato, abreviado como IP5 ou IP5) é unha molécula derivada metabolicamente do inositol tetraquisfosfato por adición dun grupo fosfato pola acción do encima inositol polifosfato multiquinase (IPMK). Crese que é un dos moitos segundos mensaxeiros que pertencen á familia do inositol fosfato. Está implicado en moitas respostas biolóxicas e patofisiolóxicas, como a tumoroxénese, invasión tumoral e metástase, polo que os inhibidores específicos da quinase poderían ser útiles na terapia contra o cancro.[4]
mio-Inositol 1,3,4,5,6-pentaquisfosfato | |
---|---|
![]() | |
Identificadores | |
Número CAS | 20298-95-7, [1] |
ChemSpider | 19951265 |
ChEBI | CHEBI:57733 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H17O21P5 |
Masa molar | 580,06 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O IP5 xoga tamén un papel na sinalización celular nas respostas de defensa das plantas. Potencia a interacción da hormona vexetal JA-Ile do grupo dos xasmonatos co seu receptor.[5][6]