Inia geoffrensis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Inia geoffrensis é unha especie de golfiño de auga doce, única do xénero Inia e da familia dos iníidos,[6] propia das cuncas dos ríos Amazonas e Orinoco, polo que na bibliografía internacional se coñece como golfiño do Amazonas, golfiño rosado (este último nome debido á súa coloración) e boto, entre outros.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Inia geoffrensis Golfiño do Amazonas Golfiño rosado Boto Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
DD: datos insuficientes [1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Inia geoffrensis (Blainville, 1817) [3][4][5] | |||||||||||||||||||||
Distribución de Inia geoffrensis | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
No mioceno, a Amazonia estivo cuberta de auga de mar intermitentemente. Este golfiño descendería de antepasados que poboaban o océano no mioceno e que entraron no Amazonas e que, despois, evolucionarían para adaptarse á auga doce cando o mar se retirou.
Non existe consenso de cando e como penetraron estes golfiños na conca amazónica; é posíbel que o fixeran hai máis de 15 millóns de anos desde o océano Pacífico, antes da formación dos Andes ou, máis recentemente, desde o océano Atlántico.[7]
Inia geoffrensis é o golfiño de río máis grande. O peso dos machos adultos chega aos 185 kg e poden medir até 2,5 m. Como carácter distintivo, os adultos adquiren unha cor rosada, máis acentuada nos machos. É un dos cetáceos con dimorfismo sexual máis evidente, xa que os machos miden e pesan entre un 16% e un 55% máis do que as femias.
Como os outros odontocetos posúe un órgano chamado melón que utiliza para a ecolocación. A aleta dorsal ten pouca altura (realmente, máis que unha aleta é unha especie de crista), pero é moi longa, e as aletas pectorais son grandes; esta característica, xunto ao seu mediano tamaño e á falta de fusión das vértebras cervicais, confírenlle unha gran capacidade de manobra para desprazarse polos bosques inundados para capturar as súas presas.
Ten a dieta máis ampla entre os odontocetos. Aliméntase principalmente de peixes, dos que se identificaron 53 especies diferentes, e entre os que se encontran esciénidos, cíclidos e pirañas (caraciformes). Complementa a súa dieta con tartarugas de río e cangrexos.
Habita no curso dos principais afluentes do ríos Amazonas e Orinoco, por debaixo dos 400 m sobre o nivel do mar. Na temporada de chuvias desprázase ás zonas inundadas da selva, onde existe unha oferta maior de alimento.
En 2008 clasificouse na Lista vermella da UICN como especie con datos insuficientes, debido á incerteza con respecto á cifra total da poboación, a tendencia de variación e o impacto das ameazas, clasificación que se mantén a día de hoxe (2013).
A especie non foi obxecto de caza significativa pero, nas últimas décadas, convertéronse en ameazas principais a perda do hábitat, a contaminación ambiental e as capturas accidentais con artes a aparellos de pesca.
Polo seu rechamante ton rosado é unha das especies de odontoceto mantida en cativerio en varios acuarios do mundo, principalmente nos Estados Unidos, Venezuela e Europa. Porén, é unha especie difícil de adestrar e cunha mortandade alta en catividade.