![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Sarin-2D-by-AHRLS-2011.png/640px-Sarin-2D-by-AHRLS-2011.png&w=640&q=50)
Inhibidor da colinesterase
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os inhibidores da colinesterase (ChEIs), tamén coñecidos como compostos anticolinesterase, son compostos que impiden a degradación do neurotransmisor acetilcolina ou da butirilcolina (composto sintético usado en probas bioquímicas). No corpo, isto incrementa a cantidade de acetilcolina na fenda sináptica que se pode unir aos receptores muscarínicos, receptores nicotínicos e outros. Este grupo de inhibidores divídese en dous subrupos, os inhibidores da acetilcolinesterase (AChEIs) e os inhibidores da butirilcolinesterase (BChEIs).[1][2][3]
Inhibidor da colinesterase | |
---|---|
Clase de fármaco | |
Identificadores da clase | |
Uso | enfermidade de Alzheimer |
Código ATC | N06#N06DA Anticolinesterases |
Mecanismo de acción | inhibidor encimático |
Diana biolóxica | Colinesterase |
Datos clínicos | |
Drugs.com | Clases de fármacos |
WebMD | da colinesterase/article.htm MedicineNet |
Ligazóns externas | |
MeSH | D002800 |
Status legal | |
[[d:raw |En Wikidata]] |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Acetylcholine.svg/220px-Acetylcholine.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Sarin-2D-by-AHRLS-2011.png/640px-Sarin-2D-by-AHRLS-2011.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/Tetraethyl_pyrophosphate.png/640px-Tetraethyl_pyrophosphate.png)
Os inhibidores da colinesterase poden usarse como fármacos para tratar o alzhéimer e a miastenia grave, e tamén como arma química e insecticida.[4][5] Os efectos secundarios que aparecen cando se usan estas medicinas poden ser os seguintes: perda de apetito, náuseas, vómitos, diarrea, soños vívidos nocturnos, deshidratación, erupción cutánea, bradicardia, úlcera péptica, convulsións, perda de peso, rinorrea, salivación, cambras musculares e fasciculacións.[6][7]
Os inhibidores da colinesterase actúan indirectamente como fármacos parasimpatomiméticos.[8]
Os inhibidores da colinesterase úsanse moito como arma química.