empresario sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Feodor Ingvar Kamprad, nado en Pjätteryd o 30 de marzo de 1926[1][2] e finado en Småland o 27 de xaneiro de 2018, foi un empresario sueco, fundador de IKEA, e unha das persoas máis ricas do mundo, en setembro de 2016 a revista Bloomberg estimaba a súa fortuna en algo máis de 44 mil millóns de dólares, a décima fortuna do mundo[3].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1926 Pjätteryd, Suecia |
Morte | 27 de xaneiro de 2018 (91 anos) Liatorp, Suecia |
Causa da morte | morte natural |
Residencia | Épalinges (pt) (1976–2014) |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Furniture industry (en) |
Ocupación | empresario, emprendedor |
Partido político | New Swedish Movement (en) (1942–1945) |
Patrimonio estimado | 58.700 M$ (xaneiro de 2018) |
Familia | |
Cónxuxe | Margaretha Stennert (1963–2011) Kerstin Wadling (1950–1960) |
Fillos | Annika Kihlbom, filla adoptiva () Kerstin Wadling Peter Kamprad () Jonas Kamprad () Mathias Kamprad () |
Pais | Franz Feodor Kamprad e Berta Linnéa Matilda Kamprad |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, More Than A Dozen European Billionaires—Linked To BMW, L’Oréal, Bosch—Have Families With Past Nazi Ties (en) |
Ingvar Kamprad medrou nunha pequena granxa de nome Älmtaryd na aldea de Agunnaryds no concello de Ljungby no condado de Kronoberg. O seu avó Achim Kamprad (m. 1897) emigrara en 1896 procedente de Alemaña, coa súa esposa Franziska, e os seus fillos Franz Feodor e Erwin Erich. A súa nai Berta era filla do C. B. Nilsson, propietario dunha tenda en Älmhult. Previamente a familia residira noutra granxa de Älmhult, chamada Majtorp e foi en 1933, cando a familia se mudou a Älmtaryd.[4]
Ingvar Kamprad foi desde neno emprendedor, vendendo produtos de pouco prezo aos veciños, como mistos ou lapiseiros[5]. Fundou IKEA o 15 de xullo de 1943 como un negocio para primeiro venderlles produtos que lle pedían os granxeiros[6] e a partir de 1946 de venda por correo con anuncios na prensa local[7][8], sen tenda física e non comezou a vender mobiliario ata 1947. O primeiro catálogo de IKEA apareceu en 1951 e dous anos máis tarde, comprou unha tenda de carpintería en Älmhult para convertela nunha sala de exposicións de mobles. A idea das embalaxes planas para enviar mobles armables foi do deseñador Gillis Lundgren en 1955. A primeira tenda inaugurouna en 1958 en Älmhult e en 1965 abriu unha tenda en Kungens kurva, preto de Estocolmo. Kamprad goza da reputación de levar unha vida austera, que transmitiu á súa empresa.[9][10]
En 1942 Ingvar Kamprad, entrou no grupo fascista Nysvenska Rörelsen, e foi membro cando menos ata finais de setembro de 1945.[11] Mantivo boas relacións co seu líder, Per Engdahl. A súa participación no movemento non se coñeceu ata 1994. Tamén foi membro da Svensk Socialistisk Samling.[12]
Kamprad afirmou máis tarde que a súa implicación no movemento fascista foi unha "aberración" [13] e que o fixo baixo a influencia das ideas filonazis da súa avoa, dos Sudetes, e polo conservador e antibolxeviquismo do seu pai.[14] En 1994 escribiu unha carta a todos os seus traballadores dándolles explicacións da súa actividade fascista na súa mocidade.[14][15] Secasí en 2010 nunha entrevista describiu o líder fascista sueco Per Engdahl como un "gran home".[16][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.