From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase infrasón unha onda lonxitudinal que se propaga nun medio material cunha frecuencia inferior a 20 Hz. Se a súa frecuencia é superior a 20.000 Hz, recibe o nome de ultrasón. Ao quedaren os infrasóns e ultrasóns por baixo e por encima respectivamente da resposta en frecuencia do oído humano, fóra polo tanto do espectro audible, non somos capaces de escoitalos.
Os infrasón poden alcanzar grandes distancias atravesando obstáculos sólidos. Poden ser oídos por algúns animais co oído adaptado para percibir frecuencias distintas ás do humano. Por exemplo, os elefantes poden oír 15 Hz a 2 km de distancia. Tamén tigres e baleas usarían infrasóns para comunicarse.
O infrasón é utilizado por grandes animais como o elefante para comunicarse a grandes distancias (sons de 100 dB SPL [Nivel de Presión Sonora] a uns poucos quilómetros á redonda) sen ningún problema. A clave de que estes animais dean oído estas frecuencias é a separación dos seus oídos, xa que esta é directamente proporcional á lonxitude de onda da frecuencia que poden captar (a diferenza dos animais de cabezas pequenas). Recentemente, demostrouse que os elefantes rexistran o infrasón tamén polas vibracións producidas por eles mesmos mediante as súas patas, xa que as súas unllas actúan como sensores condutores de sons de baixa frecuencia.
Pola súa parte depredadores, como os tigres utilizarían estas frecuencias presentes nos seus ruxidos como un complemento das súas tácticas de caza, non para localizar as súas posibles presas, senón polo efecto paralizante que pode chegar a ter o infrasón.
Os desastres naturais como erupcións volcánicas, terremotos e tornados producen sons dunha intensidade comparable co son que fai unha bomba atómica na súa explosión, coa diferenza de que, ao estar por debaixo dos 20 Hz, non son audibles polo oído humano, o que permite pensar investigacións vulcanolóxicas e meteorolóxicas para evitar futuros desastres.
A principal aplicación dos infrasóns é a detección de obxectos. Isto faise debido á escasa absorción destas ondas no medio, a diferenza dos ultrasóns. Por exemplo, unha onda plana de 10 Hz absórbese catro veces menos que unha onda de 1000 Hz na auga. O inconveniente é que os obxectos a detectar deben ser bastante grandes xa que, a tales frecuencias, a lonxitude de onda é moi grande, o que limita o mínimo tamaño do obxecto. Como exemplo, un infrasón de 10 Hz ten unha lonxitude de onda de 34 m no aire, logo, os obxectos a detectar deben ter un tamaño mínimo da orde de 20 m no aire e 100 m na auga.
Os infrasón son tamén normalmente producidos polo corpo humano, por exemplo, os músculos ao esvarar uns sobre outros para permitir movementos poden producir infrasóns de 25 Hz, o corazón produce infrasóns en torno os 20 Hz, incluso as orellas provocan infrasóns (emisión otoacústica espontánea).[1]
Considérase que os infrasóns, aínda que non son conscientemente perceptibles poden provocar estados de ansiedade, tristeza, tremores en ocasións, por imperceptibles desprazamentos de aire.[2] Por exemplo, ondas de elevado volume pero comprendidas entre os 0,5 e 10 Hz, son suficientes para facer vibrar ao vestíbulo (parte do labirinto auricular, no oído interno).
Os infrasóns producidos por motores como os de certos acondicionadores de aire ou avións de reacción poden provocar vertixes, náuseas e cefaleas ao ser afectado o labirinto auricular[1]
Vic Tandy, da Universidade de Coventry, (Inglaterra) en 1998 explicou como os infrasóns poden producir a impresión "concreta" de "sitios embruxados". Demostrou que os infrasóns provocaban unha pseudopercepción de movementos aos costados do campo visual. Esta falsa percepción podía esta provocada por un ventilador, xa que este obxecto produce unha frecuencia de 18,98 Hz. Incidentalmente, a lonxitude da sala na cal Tandy notou eses fenómenos era unha fracción unitaria da lonxitude de onda que provocaba o ventilador, polo que provocaría unha onda estacionaria e tal onda ilusiones ópticas ao resoar nos humores dos ollos humanos, tales ilusións eran consideradas por algúns como "fantasmas".[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.