climatóloga From Wikipedia, the free encyclopedia
Inez Fung, nada no Hong Kong británico o 11 de abril do 1949,[1] é unha climatóloga e profesora de ciencias da atmosfera na Universidade de California en Berkeley,[2] onde desenvolveu actividades académicas no Departamento de Ciencias da Terra e Planetarias, e no de Ambiente, Políticas e Manexo. Tamén é codirectora do Instituto Berkeley do Ambiente.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1949 (75 anos) Hong-Kong británico, Reino Unido |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en Ciencias (–1977) |
Director de tese | Jule Gregory Charney (pt) |
Actividade | |
Ocupación | climatóloga |
Empregador | Universidade de California, Berkeley |
Membro de | Royal Society (Membro estranxeiro da Royal Society) (2019–) National Science Board (en) (2012–2018) Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos) (2001–) Sociedade Filosófica Estadounidense Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos |
Obra | |
Doutorando | Benjamin R Lintner (en) , Jung-Eun Lee (en) , Charles Koven (en) , Alexander Stine (en) , Abigail L.S. Swann (en) e Jesse A Day (en) |
Premios | |
Fung obtivo o seu doutoramento en Ciencias polo MIT en 1977 baixo a supervisión de Jule Gregory Charney, coa tese titulada: «The organization of spiral rainbands in a hurricane».[4][5]Dende entón traballou principalmente na modelaxe climática, os ciclos bioxeoquímicos e no cambio climático. Durante a década de 2000 foi coautora nos informes terceiro e cuarto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC).[6]
No 2006, uniuse a outros 17 climatólogos para completar un amicus curiae no caso xudicial do Estado de Massachusetts contra a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos para argumentar a necesidade de que esta institución regulase as emisións de dióxido de carbono.[7]
Membro da Royal Society,[8] da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos,[9] da Unión Xeofísica Americana[9] e da Sociedade Meteorolóxica Americana.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.