![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/INCOGA_NORTE_sede_da_Coru%25C3%25B1a.jpg/640px-INCOGA_NORTE_sede_da_Coru%25C3%25B1a.jpg&w=640&q=50)
Incoga Norte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Incoga Norte é unha empresa construtora con sede na Coruña especializada en proxectos comerciais e de reformas. Está considerada, segundo o informe Ardán, como unha das 10 empresas galegas máis rendibles.[1] A empresa realiza traballos para empresas como Inditex, Caramelo, Levis ou Porcelanosa. Forman parte do grupo as empresas Aplicanor, Decorga e Cercons. Incoga Norte ten certificacións de xestión ambiental, calidade e compromiso de mellora cos traballadores.
Incoga Norte | |
---|---|
![]() Sede de Incoga Norte na Coruña. | |
Tipo | Sociedade Limitada Unipersoal |
Fundación | 2002 |
Localización | Estrada Baños de Arteixo, 33 15008 A Coruña |
Persoas clave | José María Cernada (Director) |
Industria | Construción |
Produtos | Reformas e edificacións |
Beneficio | 51 millóns de euros (2016) |
Número de empregados | 370 |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2014 a empresa foi acusada de incumprir a normativa laboral suíza ao ter traballadores en Zara en Bahnhofstrasse (Zürich) que estaban a cobrar 900 euros ao mes, a metade que marca o convenio suízo traballando 60 horas á semana.[2][3]
En 2017 Decorga foi acusada na Arxentina de someter un dos seus traballadores a condicións próximas á escravitude. Segundo a acusación, ao traballador contratado en España como pintor, cancelóuselle o billete de volta e encomendáronselle labores de xefe de obra.[4]