locución latina From Wikipedia, the free encyclopedia
In pectore é unha locución latina que significa literalmente "no peito", "no corazón". Utilízase nun nomeamento para un cargo: a persoa que ten que nomear teno in pectore, sen dicilo; aínda non é oficial, pero ninguén ten dúbidas da persoa elixida.
Esta expresión é empregada pola Igrexa católica para referirse ós nomeamentos do Colexio cardinalicio polo Papa, cando o nome do novo cardeal non é revelado publicamente (o Papa gárdao "no seu peito"). Este dereito do Papa rara vez se exerce; polo xeral sucede en circunstancias nas que o Papa desexa deixar rexistro da honra do clérigo para os historiadores, pero non quere pór en perigo ao clérigo en circunstancias de persecución.
Os papas poden escoller manter a identidade dos cardeais en segredo considerando:
Os cardeais nomeados in pectore non son necesariamente informados do seu cargo, e o seu cardealado é calculado dende a data do nomeamento en non dende a do anunciamento do feito. Un nomeado así non pode actuar como cardeal até que o seu nomeamento sexa público; feito isto permíteselle desfrutar de antigüidade no Colexio. Isto inclúe poder ser elixido para participar en conclaves papais, o que só se permite se son nomeados publicamente polo Papa antes da súa morte. No caso de que un papa non o fixese, o cardealado dun nomeado cesaría á morte do pontífice que o nomea. Catro papas (Inocencio X, Bieito XIV, Gregorio XVI e Pío IX) foron orixinariamente nomeados como cardeais in pectore, pero foron todos anunciados pouco despois.
O único cardeal in pectore nomeado polo papa Pío X foi António Mendes Belo, por mor da revolución en Portugal de 1910, e que foi revelado pouco despois da morte do pontífice. Co gallo da primeira guerra mundial o papa Bieito XV nomeou dous cardeais in pectore en 1916; descoñécese un deles, e o outro foi Adolf Bertram, quen foi revelado coa fin da guerra e quen se converteu nun destacado opoñente ao nazismo.
Pío XI nomeou só un cardeal in pectore, Federico Tedeschini, quen era nuncio para España antes da Guerra Civil Española. Foi nomeado en 1933 e feito público en 1935. Posteriormente, nin Pío XI nin Pío XII fixeron ningún nomeamento in pectore.
Coa ameaza do comunismo sobre Europa do Leste, Xoán XXIII fixo tres nomeamentos in pectore o 28 de marzo de 1960, e nunca fixo públicos os nomes destes cardeais. Asúmese que un deles foi Yosyf Slipyi, nomeado novamente cardeal de forma pública por Paulo VI en 1965.
Outras épocas nas que se cre que se nomearon cardeais in pectore foron durante o nacemento e posterior desenvolvemento da República Popular da China a partir de 1949, antes da caída da Unión Soviética e durante o colapso do Pano de Aceiro en Europa central e oriental.
Ademais do seu significado relixioso orixinal, hoxe en día in pectore emprégase basicamente para referirse a algo que está escondido, sen revelar ou inesperado, especialmente nos casos dun nomeamento a un cargo político ou institucional que, malia que está xa en boca de todos, aínda non é oficial.[1]
A versión en italiano, in petto, é tamén moi empregada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.