![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Menelik_II_conquests_map_on_world_sphere.svg/langgl-640px-Menelik_II_conquests_map_on_world_sphere.svg.png&w=640&q=50)
Imperio de Etiopía
From Wikipedia, the free encyclopedia
O imperio de Etiopía (en amhárico መንግሥተ፡ኢትዮጵያ, Mängəstä Ityop'p'ya), coñecido tamén como Abisinia, foi un imperio africano fundado contra 1270, cando Yekuno Amlak derrocou o último rei da dinastía Zagwe Yetbarak, dando orixe á dinastía Salomónica, así chamada debido á súa suposta descendencia do rei Salomón.
Himno | Marche Tafari (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Adís Abeba (1889–1974) Gondar, Etiopía (–1889) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua ge'ez ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1270 ![]() | ||||
Disolución | 1974 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta monarquía constitucional ![]() | ||||
Moeda | Birr etíope ![]() | ||||
Yekuno Amlak asumiu o título de negus neghesti (ንጉሠ ነገሥት), é dicir, "rei de reis".
Naquela época o imperio comprendía o territorio hoxe coñecido como Etiopía e algunhas parte do sur de Eritrea, pero no momento do seu máximo esplendor, tamén incluía o norte de Somalia, Djibuti, o sur de Exipto, o Sudán oriental, o Iemen e o occidente da Arabia Saudita.
O imperio tivo unha duración de case 750 anos, desde o derrocamento da dinastía Zagwe en 1270 até a abolición da monarquía en 1975.
Considérase como o descendente directo do reino de Aksum, existente desde o século IV antes de Cristo, razón pola cal foi considerado por algúns como o Estado máis antigo do mundo.
O impero subsistiu até 1974, cando a monarquía foi derrocada por un golpe de Estado.
Foi a única nación africana (xunto con Liberia) que resistiu con éxito a repartición de África levada a cabo polas potencias coloniais durante o século XIX.