En bioloxía, o imago é o último estadio polo que pasa un insecto durante a súa metamorfose, que é o seu proceso de crecemento e desenvolvemento. Tamén se chama estadio imaxinal, o estadio no que o insecto chega á súa madurez. A fase de imago é a que segue á écdise final dos ínstares inmaturos.[1]

Thumb
Última muda dunha cicádida na que se orixina un imago alado.

Nos membros dos Ametábolos e Hemimetábolos, nos cales a metamorfose é "incompleta", a écdise final prodúcese despois do último estadio inmaturo ou ninfa. En insectos holometábolos, nos cales hai un estadio pupal, a écdise final segue á emerxencia da pupa, despois do cal a metamorfose é completa, aínda que hai un período prolongado de maduración nalgunhas especies.[2]

O imago é o único estadio durante o cal o insecto é sexualmente maduro e, se este é unha especie alada, ten ás funcionais. Á fase previa onde aínda non é sexualmente maduro chámaselle subimago. O imago xeralmente se denomina estadio adulto.[1]

Os membros da orde dos Ephemeroptera non teñen estadio de pupa, pero pasan brevemente por un estadio extra alado chamado subimago. Os insectos neste estadio teñen ás funcionais pero non son aínda sexualmente maduros.[1]

Etimoloxía

Imago en latín significa 'imaxe'. O plural latino é imagines, pero úsase xeralmente o plural regular imagos.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.