![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Il-28_RB1.jpg/640px-Il-28_RB1.jpg&w=640&q=50)
Ilyushin Il-28
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ilyushin Il-28 (ruso: Илью́шин Ил-28; designación OTAN: Beagle) é un bombardeiro a reacción do período de posguerra fabricado orixinalmente para a Forza Aérea Soviética. Foi o primeiro avión deste tipo da Unión Soviética en ser producido a grande escala. Construíuse baixo licenza na China como o Harbin H-5. A produción total na USSR foi de 6 316 avións, e fabricáronse 319 H-5. Só 187 exemplares da variante de adestramento HJ-5 foron producidos. Nos anos 90 centos deles aínda estaban en servizo en varias forzas aéreas 50 anos despois do seu primeiro voo. Os únicos H-5 en servizo no presente son uns 80 avións que operan coa Forza Aérea do Exército Popular de Corea.[1] O Il-28 é designado pola USAF/DoD como "Type 27"[2] e pola OTAN como "Beagle",[3] mentres que a variante de adestramento Il-28U recibía a designación "Type 30"[2] da USAF/DoD, e a Mascot da OTAN.[4][5]
Ilyushin Il-28 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | bombardeiro medio |
Fabricante | Ilyushin Harbin Aircraft Manufacturing Corporation (H-5) |
Primeiro voo | 8 de xullo de 1948 |
Introducido | 1950 |
Principais usuarios | Forza Aérea Soviética Forza Aérea do Exército Popular de Liberación Forza Aérea de Checoslovaquia Forza Aérea de Polonia |
Unidades construídas | 6 635 |